-
Fundación do partido Socialdemócrata Ruso
Defendía a ideoloxía marxista. Estaba dividido en dous grupos: menxeviques (máis moderados) e os bolxeviques(radicais) liderados por Lenin e que pretendían mediante a revolución social impoñer a ditadura do proletariado -
Revolución de Febreiro de 1917
A poboación de Petrogrado. (San Petersburgo) protestou pola falta de alimentos e esixía a retirada da Gran Guerra. As sucesivas manifestacións non foron reprimidas polos soldados, que se uniron a elas. Falto de apoio o tsar, Nicolás II abdicou,proclamándose a República -
Goberno provisional
Despois de que o Tsar Nicolás II abdica, estableceuse un goberno provisional,presidido por Kerenski, que pretendía instaurar un réxime liberal(democracia parlamentaria). O novo goberno decidiu continuar a guerra, pero foi incapaz de controlar a situación. -
Teses de abril
Dirixidos por Lenin.O seu programa,era poñer fin a guerra, confiscar a propiedade privada (que debía pasar a mans do Estado), e converter os soviets (representaban aos soldados obreiros e campesiños) na única autoridade que debía exercer o poder. -
Insurrección popular
En xullo estala unha insurrección popular, o goberno acusou aos bolxeviques de organizala e Lenin ten que exiliarse. -
Golpe de Estado Contrarrevolucionario.
En agosto ten lugar un golpe de Estado contrarrevolucionario, liderado polo xeneral Kornilov, que fracasou grazas á colaboración dos bolxeviques. -
Revolución de Outubro de 1917
Lenin e os bolxeviques organizan unha insurrección armada. O 25 de outubro, a garda vermella formada polos bolxeviques e dirixida por Trotski, asaltan o palacio de inverno en Petrogrado e deteñen os membros do goberno provisional. Un Congreso dos soviets asume o poder e crea un goberno obreiro presidido por Lenin (Consello de Comisarios do Pobo). A revolución triunfa. -
Period: to
A época de Lenin e o Nacemento da URSS
-
Decretos de Outubro de 1917
Para lograr a socialización dos medios de produción: desaparición da propiedade privada polo que a terra pasa a mans do Estado. A produción industrial nas fábricas será controlada polos obreiros. Nacionalización da banca e do comercio exterior. -
Tratado de Brest-Litovsk
Paz con Alemaña. Rusia obtiña a paz a cambio de grandes perdas territoriais (Finlandia, Estonia, Letonia, Lituania, Ucraína, Polonia, Besarabia e a Transcaucasia). -
Period: to
Guerra civil Rusa
Os bolxeviques,venceron aos antibolxeviques, que se opoñían á revolución e que estaba formado por antigos oficiais tsaristas e apoiado polas potencias occidentais. A oposición interior foi esmagada e a familia real executada -
Terceira Internacional
co obxectivo de derrocar o capitalismo. Só podían pertencer a ela os partidos que aceptasen denominarse comunistas e seguir as directrices do Partido Comunista da URSS -
Nova política económica (NEP)
Os trastornos da guerra civil e a escaseza obrigaron a Lenin, en 1921, a impoñer unha Nova Política Económica (NEP) que permitía unha volta parcial ao mercado libre capitalista para incentivar a produción. -
Creación da URSS
creouse en 1922 a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (Disolveuse en 1991). O poder estaba en mans dos soviets controlados polo partido comunista (antigo partido bolxevique).