Gaga

A CRISE DA MONARQUÍA HISPÁNICA: O SÉCULO XVII

  • Period: Sep 13, 1498 to

    FELIPE III

  • Paz con Inglaterra

    Paz con Inglaterra
    Foi un tratado que firmaron entre España e Inglaterra en Londres e marcou o final da Guerra anglo-española. Neste tratado acordaban que Inglaterra non interviría nos asuntos continentais de España, e a cambio, España renunciaba nomear a un rei católico para a coroa de Inglaterra.
  • Expulsión dos mouriscos

    Expulsión dos mouriscos
    Os mouriscos eran musulmáns que foran obrigados a convertirse ao catolicismo e o 9 abril de 1609, Felipe III tomou a decisión de expulsalos. A operación preparouse co máximo secreto e levou a cabo por etapas (sacar do país a preto de 300.000 persoas era un problema moi difícil cos medios de transporte da época), aínda que con rapidez, para eludir o perigo dunha sublevación xeral.
  • Inicio da tregua Doce Anos coas Provincias Unidas

    Inicio da tregua Doce Anos coas Provincias Unidas
    Foi un tratado de paz asinado o 9 de abril de 1609 entre España e as Provincias Unidas dos Países Baixos; supuxo un receso pacífico na guerra dos Oitenta Anos que os neerlandeses mantiñan contra o Imperio español desde 1568 para conseguir a súa independencia.
  • Inicio Guerra dos Trinta Anos

    Inicio Guerra dos Trinta Anos
    Foi unha guerra librada na Europa Central (principalmente o Sacro Imperio Romano Germánico) entre os anos 1618 e 1648, na que interviñeron a maioría das grandes potencias europeas da época. Inicialmente era un conflicto, pero acabou sendo máis ben un conflicto principalmente político.
    Tamén houbo unha rebelión de protestantes checos contra o futuro emperador alemán, Fernando II, que era católico.
  • Final da tregua dos Doce Anos coas Provincias Unidas

    Final da tregua dos Doce Anos coas Provincias Unidas
    Ambas as potencias non lograrían poñerse de acordo para prorrogar a tregua, co que a guerra continuaría ata 1648, ano no que se produciría a independencia definitiva dos Países Baixos coa firma do Tratado de Münster.
  • Period: to

    FELIPE IV

  • Unión de armas

    Unión de armas
    A Unión de Armas foi unha proposta política proclamada oficialmente en 1626 polo Conde-Duque de Olivares, valido do rei Felipe IV, pola que todos os "Reinos, Estados e Señoríos" da Monarquía Hispánica contribuirían en homes e en diñeiro á súa defensa, en proporción á súa poboación e á súa riqueza.
  • Crise de 1640

    Crise de 1640
    A Crise de 1640 foi unha crise política que viviu a Monarquía Hispánica dos Austrias que estivo a punto de acabar con ela, de feito produciuse a independización do reino de Portugal en 1668. Tivo lugar durante o reinado de Felipe IV de España e entre as súas causas principais atópase o proxecto de Unión de Armas. Todo iso dentro do contexto da guerra dos Treinta Anos e da continuación da guerra dos Oitenta Anos contra os rebeldes das Provincias Unidas de Holanda e Zelanda.
  • Final da Guerra dos Trinta Anos

    Final da Guerra dos Trinta Anos
    A guerra dos Treinta Anos chegou ao seu final coa Paz de Westfalia e a Paz dos Pireneos, e supuxo o punto culminante da rivalidade entre Francia e os territorios dos Habsburgo (o Imperio español e o Sacro Imperio Romano Germánico) pola hexemonía en Europa.
  • Paz dos Pirineos

    Paz dos Pirineos
    O Tratado dos Pirineos foi un tratado internacional subscrito o 7 de novembro de 1659 por Luis de Haro e Mazarino, representantes dos reis español e francés, respectivamente, na illa dos Faisanes, para poñer fin á guerra iniciado en maio de 1635, durante a guerra dos Treinta Anos.
  • Period: to

    CARLOS II

  • Inicio da Guerra de Sucesión

    Inicio da Guerra de Sucesión
    A guerra de sucesión española​ foi unha guerra internacional que durou desde 1701 ata 1713 (Tratado de Ultetch). A causa principal foi a morte sen descendencia de Carlos II. A pelexa polo trono foi entre Felipe de Anjou (apoiado internacionalmente por Francia e nacionalmente por Castela) e Carlos de Austria (apoiado internacionalmente por Austria, Inglaterra, Prusia... e nacionalmente por Aragón). Finalmente reinaría Felipe de Anjou polo testamento de Carlos II, instaurando a casa dos Borbóns.