Revolucionrusa

REVOLUCIÓN RUSA

  • Period: to

    A RUSIA TSARISTA

    O réxime ruso era autocrático: o tsar exercía o poder absoluto. Gobernaba sobre un inmenso imperio con moitos pobos con linguas, costumes e relixións diferentes. A pesares da represión, formáronse, dende finais do XIX, partidos e organizacións clandestinas que pretendían acabar co tsarismo.
  • Period: to

    REINADO DE NICOLÁS II

  • A revolución de febreiro

    A revolución de febreiro
    En febreiro de 1917 a poboación de Petrogrado protestou pola falta de alimentos e esixía a retirada da Gran Guerra. As sucesivas manifestacións non foron reprimidas polos soldados, que se uniron a elas. Falto de apoio o tsar, Nicolás II abdicou, proclamándose a República. Estableceuse un goberno provisional, presidido por Kerenski, que pretendía instaurar un réxime liberal. O novo goberno decidiu continuar a guerra, pero foi incapaz de controlar a situación.
  • Fracaso do goberno provisional

    Fracaso do goberno provisional
    Desde o comezo das protestas, as organizacións de esquerda crearon os Consellos obreiros ou soviets (formados por dirixentes que representaban a obreiros, soldados e campesiños). Nos soviets foi medrando a influencia dos bolxeviques dirixidos por Lenin.
  • Teses de abril

    Teses de abril
    Programa que queria poñer fin a guerra, confiscar a propiedade privada (que debía pasar a mans do Estado), e converter os soviets na única autoridade que debía exercer o poder.
  • Decretos de outubro

    Decretos de outubro
    Os bolxeviques promulgaron os decretos de outubro de 1917 para lograr asocialización dos medios de produción.
  • Period: to

    REPÚBLICA RUSA

  • Revolución de outubro

    Revolución de outubro
    Lenin e os bolxeviques organizan unha insurrección armada. O 25 de outubro, a garda vermella formada polos bolxeviques e dirixida por Trotski, asaltan o palacio de inverno en Petrogrado e deteñen os membros dogoberno provisional. Un Congreso dos soviets asume o poder e crea un goberno obreiro presidido por Lenin (Consello de Comisarios do Pobo). A revolución triunfa.
  • Tratado de Brest-Litovsk

    Tratado de Brest-Litovsk
    Rusia obtiña a paz con Alemaña a cambio de grandes perdas territoriais (Finlandia, Estonia, Letonia, Lituania, Ucraína, Polonia, Besarabia e a Transcaucasia).
  • Period: to

    Guerra civil rusa

    Os bolxeviques, grazas á creación por Trotski dun exército disciplinado e revolucionario (exército vermello), venceron aos antibolxeviques(exército branco), que se opoñían á revolución e que estaba formado por antigos oficiais tsaristas e apoiado polas potencias occidentais. A oposición interior foi esmagada e a familia real executada.
  • Period: to

    República Socialista Federativa Soviética de Rusia

  • Nacemento da URSS

    Nacemento da URSS
    En 1918 Rusia foi transformada nunha República Federativa Soviética. Posteriormente coa incorporación de Ucraína, Bielorrusia e Transcaucasia,creouse en 1922 a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (Disolveuse en 1991). O poder estaba en mans dos soviets controlados polo partido comunista (antigo partido bolxevique).
  • Period: to

    Unión Soviética