-
1487
Chegada ao cabo de Boa Esperanza (ou das Tormentas)
Bartolomeu Dias chegou ao cabo de Boa Esperanza , deixando aberto o paso cara
o océano Índico. -
1492
Capitulacións de Santa Fe
Foi un acordo entre Colón y los reyes Catolicos nelas establecíase que as novas terras conquistadas pasarían á Coroa de Castela e que Colón
recibiría os títulos de almirante e vicerrei das terras que descubrise, así como a décima parte das riquezas
que atopase. -
Oct 12, 1492
Descubrimento de América
Colón e a súa expedición partiron do porto de Palos (Huelva) a bordo de tres naves:
a Pinta, a Niña e a Santa María. Fixeron escala nas Illas Canarias, atravesaron o Atlántico aproveitando os
ventos alisios e o 12 de outubro de 1492 chegaron á illa de Guanahaní, nas Bahamas. Logo exploraron
Cuba e A Española (actuais Haití e República Dominicana). -
1494
Tratado de Tordesillas
Este
documento establecía unha liña imaxinaria, a 370 leguas ao Oeste das illas de Cabo Verde, que dividía as
terras que se ían colonizar: ao Oeste do meridiano serían para Castela, e ao Leste,para Portugal.
Creáronse os dous grandes imperios ultramarinos da Idade Moderna -
1498
Expedición a India
A expedición de Vasco da Gama alcanzou a India en 1498 e abriu o camiño
para novas expedicións ás illas das Especias (actual Indonesia) -
1513
Descubrimento do Oceano Pacífico
Vasco Núñez de Balboa atravesou o istmo de Panamá a pé e descubriu un novo océano, o Pacífico. Isto confirmou que América era un novo continente. -
Period: 1519 to 1522
A primeira volta o mundo
Levouse a cabo a primeira volta ao mundo. A expedición, dirixida por Fernando de Magalláns, con Juan Sebastián Elcano como capitán, pretendía atopar un paso marítimo entre os océanos Atlántico e Pacífico. A volta ao mundo demostrou que a Terra é esférica.