Lenin

Lenin. Feitos relevantes.

  • Os problemas bélicos

    Os problemas bélicos
    Os primeiros anos do novo réxime estiberon marcados por dous conflitos bélicos: un fronte aos inimigos exteriores ( a Gran Guerra europeade 1914) e outro fronte aos inimigos internos ( a Guerra Civil)
  • AS MEDIDAS ECONÓMICAS. Os decretos de outubro.

    AS MEDIDAS ECONÓMICAS. Os decretos de outubro.
    O Goberno bolxevique dirixido por Lenin puxo en práctica os principios de socialización dos medios de producción.
    As primeiras medidas, por parte de Lenin foron promulgar os Decretos sobre a terra na que se abolía a propiedade privada. No terreo industrial, o Decreto sobre o control obreiro establecía a a autoxestión proletaria polos propios traballadores e tamén o Decreto de Nacionalización da banca e do comercio exterior.
  • O NACEMENTO DO RÉXIME SOVIÉTICO.

    O NACEMENTO DO RÉXIME SOVIÉTICO.
    Lenin e o seu Goberno, seguindo as teses xa elaboradas en abril, puxeron en práctica novas medidas coas que intentaban resolver os principais problemas do movemento. Paralelamente, desenvolveuse unha intensa actividade lexislativa para desenvolver o programa bolxevique e consolidar a revolución fronte ás frozas contrarevolucionarias.
  • A retirada rusa da Gran Guerra

    A retirada rusa da Gran Guerra
    Lenin proclamou en outubro o Decreto en favor da paz, propoñendo unha paz sen anexións nin indemnizacións. Os alemáns impuxeron as súas condicións o tratado de Brest-Litovsk unhas condicións moi duras que supuxeron a perda de enormes territorios.
  • A construción do Estado soviético.

    A construción do Estado soviético.
    O Goberno de Lenin baseou a organización do novo Estado nos soviets. O Congreso dos soviets de 1918 aprobou a primeria Constitución soviética. Establécese un novo nome para o país "A República Socialista Federativa Soviética de Rusia", óorgano supremos estatal na RSFSR era o Congreso dos soviets de toda Rusia.
  • AS MEDIDAS ECONÓMICAS. Comunismo de guerra

    AS MEDIDAS ECONÓMICAS. Comunismo de guerra
    Baixo esta denominación inclúense as medidas que o Goberno bolxevique puxo en práctica durante a Guerra Civil. Para alcanzar os obxectivos decretouse o control estatal de todos os sectores económicos. Estas medidas, implantadas polo terror e a forza, contribuíron a consolidar a revolución e alcanzar a vitoria na Guerra Civil. Pero no plano económico supuxeron un serio fracaso: descenso da produción e elevada inflación
  • A Terceira Internacional

    A Terceira Internacional
    Lenin xa anunciara a necesidade de organizar unha noa Internacional que substiruíra a Segunda nas Teses de abril de 1917. Esta iniciativa de Lenin deu lugar ao nacemento da Terceira Internacional -Kointern- fundada en Moscova. Foi disolto por Stalin para facilitar as relacións cos seus aliados durante a Segunda Guerra Mundial. Arredor de 1920 foron fundados a mioría dos partidos comunistas dos países europeos.O triunfo da Revolución de outubro tivo unha importante repercusión en Europa.
  • AS MEDIDAS ECONÓMICAS. A Nova Política Económica (NEP)

    AS MEDIDAS ECONÓMICAS.  A Nova Política Económica (NEP)
    As duras medidas do comunismo de guerra tiveron efectos negativos. O descontento co Goberno dos bolxeviques aumentou, destaca a revolta dos obreiros e mariños de Kronstadt que reclamaron a reelección dos soviets e maiores liberdades.
    Para evitar que o descontento popular se xeneralizara o Goberno de Lenin adoptou unha serie de medidas que e coñecen , no seu conxunto como a Nova Política Económica. Esta nova política supoñía o remate das medidas da economía de guerra.
    A NEP dura ata ó 1928
  • A GUERRA CIVIL

    A GUERRA CIVIL
    As medidas tomadas polos bolxeviques acrecentaron o número de opositores ao novo réxime. A partir de marzo de 1918 a Guerra Civil, agravada pola intervención estranxeira, esténdese por toda Rusia.
    Organizouse o exército branco (a oposición:menxeviques, e partidarios do regreso do tsar) contra o exército vermello (organizado por Trotski. Dirixido polos bolxeviques). O exércio vermello logrou a vitoria en 1921.
    Paralelamente as accións bélicas ambos bandos desenvolveron unha política de terror
  • A CREACIÓN DA URSS

    A CREACIÓN DA URSS
    As repúblicas soviéticas de Rusia, Bielorrusia, Ucraína e de Transcaucasia (Armenia, Xeorxia, Acerbaixán) uníronse formando a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS)