-
Maquina do vapor
A máquina de vapor de Watt, tamén coñecida como a máquina de vapor de Boulton e Watt, foi a primeira máquina de vapor práctica, converténdose nunha das forzas impulsoras da Revolución Industrial. James Watt desenvolveu o deseño co apoio de Matthew Boulton. O seu deseño permitiu aforrar moito combustible en comparación coas máquinas anteriores, de forma que concedían licenzas baseándose na cantidade de combustible que se podía economizar. https://www.youtube.com/watch?v=RqScpCHA08U -
Barco de Vapor
Un barco de vapor, tamén chamado de maneira moito menos frecuente piróscafo,1 é un buque propulsado por máquinas de vapor, actualmente en desuso, ou por turbinas de vapor. Consta elementalmente dunha caldeira de vapor, dunha turbina de vapor ou máquina de vapor e dun condensador refrixerado por auga. A transmisión conséguese cun cegoñal nas máquinas de vapor ou cunha caixa redutora no caso de usar turbinas. https://www.youtube.com/watch?v=zekSXQd4rXU -
Ferrocaril
O ferrocarril ou transporte ferroviario é un sistema de transporte de persoas e mercadorías guiado sobre unha vía férrea. Trátase dun transporte con vantaxes comparativas en certos aspectos, tales como o consumo de combustible por tonelada/quilómetro transportado, a entidade do impacto ambiental que causa ou a posibilidade de realizar transportes masivos, que fan relevante o seu uso no mundo moderno. -
Telégrafo
O telégrafo é un aparello ou dispositivo que emprega sinais eléctricos para a transmisión de mensaxes de texto codificados, como co código Morse, mediante liñas alámbricas ou comunicacións de radio. https://www.youtube.com/watch?v=r1I29iFEYr0 -
Teléfono
O teléfono é un dispositivo de telecomunicación creado para transmitir sinais acústicos a distancia por medio de sinais eléctricos. Foi inventado polo italiano Antonio Meucci, quen en 1854 construíu o seu primeiro prototipo, aínda que non formalizou a súa patente por dificultades económicas, presentando só unha breve descrición do seu invento na Oficina de Patentes de Estados Unidos en 1871 -
Combertidor besember
O procedemento Bessemer foi o primeiro proceso de fabricación químico que serviu para a fabricación en serie de aceiro, fundido en lingotes, de boa calidade e con pouco custo a partir do arrabio. Este procedemento foi chamado así en honra de Henry Bessemer -
Dinamíta
A dinamita foi inventada por Alfred Nobel . En 1867 Nobel conseguiu fabricar a dinamita, mesturando a nitroglicerina cun material absorbente , e así obtivo un po que se podía percutir e, mesmo, queimar ao aire libre sen que explotase.
https://www.dailymotion.com/video/x2gsnd0 -
Bombilla
Unha lámpada de incandescencia é unha fonte que produce luz artificial. Na lámpada incandescente, un condutor eléctrico, en concreto de tungsteno, quéntase mediante unha corrente eléctrica ata poñelo a lume branco. O filamento esta encerrado nun bulbo de vidro ao baleiro ou cun gas inerte que protexe ao filamento da oxidación. A corrente é proporcionada aos filamentos por terminais ou arames encerrados no cristal. -
Automóbil
Un automóbil, tamén denominado coche, carro, auto, etc; é un vehículo motorizado con rodas utilizado para o transporte. A maioría das definicións de automóbil, fan referencia aos vehículos que circulan principalmente polas estradas, con capacidade dun a oito persoas, contan con catro pneumáticos e transportan principalmente a persoas, antes que mercadorías. -
Radio
A radio é un medio de comunicación que se basea no envío de sinais de audio a través de ondas de radio, aínda que o termo úsase tamén para outras formas de envío de audio a distancia como a radio por Internet.
https://www.youtube.com/watch?v=V56_P20Xh3U -
Avión
Un avión tamén denominado aeroplano é un aerodino de á fixa, ou aeronave con maior densidade que o aire, dotado de ás e un espazo de carga, e capaz de voar impulsado por un ou máis motores. Os aeroplanos inclúen aos monoplanos, os biplanos e os triplanos. Os aeroplanos sen motor denomínanse planeadores ou veleiros, e foron usados desde os inicios da aviación, para a chamada aviación deportiva, e mesmo para o transporte de tropas durante a Segunda Guerra Mundial.