Mami

historia de la tecnologia

  • 1112 BCE

    1.1 O ABACO O A TABLA DE CÁLCULO

    1.1 O ABACO O A TABLA DE CÁLCULO
    O dispositivo de cálculo máis antigo que se coñece é o ábaco. O seu
    nome ven do grego abakos, que significa superficie plana. Sábese que os
    gregos empregaban táboas para contar no século V a.C e os chinos xa
    utilizaban un contador de bolas cara o século IX a.C.
  • 1.2 MECANISMOS DE ENGRENAXES: PASCAL E LEIBNITZ

    1.2 MECANISMOS DE ENGRENAXES: PASCAL E LEIBNITZ
    O inventor e pintor Leonardo Da Vinci, foi quen trazou as ideas para unha calculadora mecánica. Século e medio despois, o filósofo e matemático francés dapenas 19 anos de idade chamado Blaise Pascal, inventou e construíu
    en 1.642 un mecanismo (a pascalina) a cal utilizaba para realizar operacións aritméticas.
  • 1.21 A PASCALINA

    1.21 A PASCALINA
    A pascalina avultaba algo menos que unha caixa de zapatos e era baixa e alongada. No seu interior, dispúñanse unhas rodas dentadas conectadas entre si, formando unha cadea de transmisión, de xeito que, cando unha roda xiraba completamente sobre o seu eixe, facía avanzar un grao á seguinte.
  • 1.3 El aritmómetro

    1.3 El aritmómetro
    No ano 1.671 o matemático Alemán Wilheim Leibnitz, deu un gran paso cara o perfeccionamento das máquinas calculadoras. Leibnitz creou unha máquina que podía sumar, restar, multiplicar e dividir, utilizando os principios esbozados por Pascal de realizar a multiplicación e
    división mediante a adición e a subtracción repetida.
  • 1.4 A PRIMEIRA TARXETA PERFORADA

    1.4 A PRIMEIRA TARXETA PERFORADA
    O tear de tecido, inventado en 1801 polo Francés
    Joseph-Marie Jackard (1753-1834), usado aínda na
    actualidade, contrólase por medio de tarxetas
    perforadas. As tarxetas perfóranse estratexicamente e
    colócanse en secuencias para indicar un deseño de tecido
    en particular.
  • 1.5 A MAQUINA ANALÍTICA DE BABBAGE

    1.5 A MAQUINA ANALÍTICA DE BABBAGE
    Para moitos especialistas a historia da informática empeza con Charles Babbage, matemático e inventor inglés que ó principio do século XIX, predixo moitas das teorías nas que se basean os actuais ordenadores.
  • 1.5.1 A idea de Lady Ada Augusta Lovelace

    1.5.1 A idea de Lady Ada Augusta Lovelace
    En 1.843 Lady Ada Augusta Lovelace suxeriu a idea de que as tarxetas perforadas se puideran adaptar de xeito que permitiran que a calculadora de Babbage repetira certas operacións. Polo que algunhas persoas consideran a
    Lady Ada Augusta Lovelace como a primeira programadora. Na súa memoria púxose en 1.979 o nome de ADA a unha linguaxe de computación.
  • 1.6 AS CALCULADORES DE RELÉS: MARK I

    1.6 AS CALCULADORES DE RELÉS: MARK I
    En 1.944 construíuse na Universidade de Harvard a primeira calculadora universal, a cal empregaba relés e elementos mecánicos. Esta calculadora recibiu o nome de Mark I e era o soño de Babbage feito realidade: unha calculadora mecánica automatizada.
  • 2.1 PRIMEIRA XENERACION DE ORDENADORES (1.946 a 1.958)

    2.1 PRIMEIRA XENERACION DE ORDENADORES (1.946 a 1.958)
    Características:
     Estaban construídos con electrónica de válvulas (tubos de baleiro).
     Programábanse en linguaxe de máquina.
     Usábanse tarxetas perforadas para entrada e saída de datos.
     Almacenamento de datos en cintas magnéticas.
  • 1.6 PROCESO DE DATOS CON TARXETAS PERFORADAS: HOLLERITH

    1.6 PROCESO DE DATOS CON TARXETAS PERFORADAS: HOLLERITH
    No ano 1.957, xorde a idea de automatizar o censo da poboación, debido a que a última vez que se realizara (1.880), tardáronse uns sete anos para obter os resultados finais, xa que o proceso se realizara manualmente. O goberno dos Estados Unidos decide convocar un comité que se encargue da realización de dito proceso. Presentáronse tres propostas, adxudicándose o traballo a Herman Hollerith, o cal aplicou o principio das tarxetas
    perforadas para o almacenamento de datos que xa
    utilizara Babbage.