-
Period: 711 to 1037
GALICIA NA ALTA IDADE MEDIA
Os musulmáns chegan á península e poñen fin ó reino visigodo facendo desaparecer a monarquía.
Galicia vaise ir integrando progresivamente no reino asturiano. No s. X a nobreza galega terá un importante protagonismo político no reino.
Economía basada nunha agricultura moi primitiva e de baixos rendementos.
A sociedade é campesiña e existe unha aristocracia laica que se vai apoiar na monarquía.
O sepulcro do Apóstolo vai converter a Santiago no referente espiritual e ideolóxico. -
Period: 1037 to 1284
A PLENA IDADE MEDIA
Galicia conserva o territorio ata a actualidade.
No s. XII (Era Compostelá), Galicia tivo un papel
político e cultural moi destacado.
A unión das coroas e Galicia significa o afastamento de Galicia do primeiro plano político.
Transformacións importantes; nacemento das aldeas,
xurden as parroquias, dominios eclesiásticos e as cidades nacerán e crecerán na contorna rural.
Gran produción agrícola e expansión do comercio e artesanía.
A nobreza eclesiástica é a propietaria da maior parte de terras. -
1467
A BAIXA IDADE MEDIA (REVOLTA IRMANDIÑA)
Puxo fin a un século caracterizado por unha grande
conflitividade social. É o desexo de xustiza contra os abusos, violencias e malfeitorías que se perpetraban dende as fortalezas por parte dos señores.
A base social atopámola en todos os sectores da sociedade galega da época. Obsérvase unha confluencia entre o campesiñado e as masas urbanas, unidas nas mesmas reivindicacións, na busca dunha maior xustiza e dunha paz interior.
Adxunto unha foto do Castelo de Sandiás, destruído polos irmandiños. -
1486
GALICIA E OS REIS CATÓLICOS
Adxunto un vídeo do Reinado dos Reis Católicos:
https://www.youtube.com/watch?v=Z5xd9y8BdmQ