Historia da electricidade

  • 600 BCE

    Electricidade Electroestática

    Electricidade Electroestática
    Tales de Mileto (Grecia 600 A.C.)
    Descubriu e estudiou sobre o que a día de hoxe coñecemos como electricidade electrostática.
    Frotando unha vara de ámbar sobre a la era capaz de atraer pequenos obxectos.
  • Primeira máquina electrostática

    Primeira máquina electrostática
    Otto von Guericke (Alemania, 1606-1686)
    Fixo a primeira máquina electrostática, capaz de xerar electricidade de xeito controlado.
  • Transporte da electricidade; Conductores/Illantes

    Transporte da electricidade; Conductores/Illantes
    William Watson (UK, 1715-1787)
    Realizou os primeiros experimentos de transporte de electricidade a través de longos cables. Definiu o concepto de condutor e illante.
  • O raio como corrente eléctrica

    O raio como corrente eléctrica
    Benjamin Franklin (USA, 1706-1790)
    Demostrou que os raios eran un fenómeno eléctrico. Inventou o pararraios.
  • Pila Voltaica

    Pila Voltaica
    Alessandro Volta (Italia, 1745-1827)
    Inventou a primeira pila eléctrica, permitindo así almacenar a electricidade xera en corrente continua. A unidade de tensión ou potencia eléctrico leva o seu nome, o voltio.
  • Electromagnetismo

    Electromagnetismo
    Michael Faraday ( UK, 1791-1867) e James Maxwell (UK,1831-1879)
    Sentaron as bases do electromagnetismo. O mover un fío condutor a través dun campo magnético xerábase unha corrente eléctrica nese fío condutor.
  • Telegrafo; mensaxe transmitida como sinal eléctrica

    Telegrafo; mensaxe transmitida como sinal eléctrica
    Samuel Morse (USA, 1791-1872)
    Inventou o telegrafo eléctrico e o código Morse. Ambos baseados na transmisión dunha mensaxe a través dun cable mediante unha sinal eléctrica.
  • Teléfono

    Teléfono
    Alexander Graham Bell (UK, 847-1922)
    Inventou o teléfono, transmitindo por un cable a voz a través de sinais eléctricos.
  • Bombilla

    Bombilla
    Thomas Edison (USA, 1847-1931)
    Inventou a bombilla e axudou a desenvolver o sistema de corrente continua
  • Motor eléctrico

    Motor eléctrico
    Nikola Tesla (Croacia, 1856-1943)
    Pai da corrente alterna e da máquina eléctrica tal como a coñecemos a día de hoxe.
  • Ondas electromagnéticas

    Ondas electromagnéticas
    Heinrich Rudolf Hertz (Alemania, 1857-1894)
    Demostracións das ondas electromagneticas, sentou as bases para a comunicación sen fíos (radio, televión, internet...). A unidade de frecuencia das ondas leva o seu nome, o hercio.
  • Efecto fotoeléctrico

    Efecto fotoeléctrico
    Albert Einstein (1879-1955)
    Efecto fotoeléctrico, como a luz pode liberar electróns de materias. Principio de funcionamento das fotocélulas solares.
  • Revolución industrial eléctrica

    Revolución industrial eléctrica
    Todos estes científicos mencionados cos seus aportes, e outros moitos que non aparecen aquí, sentaron as bases da electricidade.
    No século XX e XXI a evolución da electricidade foi radical, chegando ó mundo no que estamos a día de hoxe onde non poderíamos facer case nada do que facemos decotío sen a electricidade.
  • Electricidade-Futuro máis limpo??

    Electricidade-Futuro máis limpo??
    Non pensedes que está todo feito, para nada, necesitamos moitos mais científicos e científicas que sexan capaces de resolver os retos que nos levarán a salvar a vida neste planeta! Queres aparecer nos listados que fagan os teus fillos ou netas cando estudien a evolución da electricidade? Estás a tempo, se che gusta este campo trata de formarte todo o posible, a salvación do planeta está nas túas mans e na dos electróns!!