-
Primeiras revolucións tras o Congreso de Viena
En países do sur de Europa como Nápoles, España, Piemonte e Portugal tiveron lugar revolucións liberais que tomaban como exemplo a Constitución de Cádiz de 1812. -
Independencia de Grecia
Unha asemblea democrática declarou a independencia de Grecia do Imperio Otomán. -
A Revolución das Barricadas e outras sublevacións
A Revolución das Barricadas, en Francia, derrocou ao rei absolutista Carlos X e estableceu a monarquía moderada de Filipe de Orleáns. Suprimiuse a censura e ampliouse o dereito ao voto. Os belgas declararon a súa independencia e redactaron unha Constitución liberal. En Polonia houbo sublevacións, que foron duramente sofocadas polo exército ruso. -
Revolucións por toda Europa
Outra revolución en Francia derrocou a Filipe de Orleáns e proclamou unha nova República. A revolución estendeuse a cidades de Alemaña, Italia e Austria. Nestas revolucións, o pobo reclamou dereitos como a xornada laboral de 10 horas ou o sufraxio universal. Aínda que non tiveron éxito, estas reivindicacións marcaron o camiño que debería seguir o liberalismo nas seguintes décadas.