-
Creación dos Fasci italiani di combattimento
En 1919, Mussolini creou o fascios, formados por xentes de moi variada condición, dedicábanse a a atacar a políticos de esquerda e líderes sindicais e tamén a boicotear as folgas con accións violentas ante a pasividade das forzas de orde pública e o agrado de empresarios e terratenentes, que os financiaban. Levaban camisa negra e agrupábanse en escuadras. -
Creación do Partido Nacional Fascista
Ante a contundencia e eficacia das accións dos fascios, o movemento fascista estendeuse con rapidez por toda Italia e o incremento de militares deu lugar á creación do Partido Nacional Fascista (PNF) en 1921. O seu programa era mínimo e mesturaba as reivindicacións sociais coa exaltación da nación e as críticas á política tradicional. -
Colonización de Libia
Mussolini desenvolveu un agresivo expansionismo en África. Colonizou Libia entre 1922 e 1933. -
Marcha sobre Roma
Consciente da súa crecente forza, o 27 de outubro de 1922, Mussolini e os seus fascios organizaron e reañizaron una Marcha sobre Roma para forzar o establecemento dun Goberno forte dirixido por el. -
Nomeamento de Mussolini como xefe de goberno
Tras o éxito da Marcha sobre Roma e contando co apoio expreso ou tácito dos mandos do exército, de múltiples políticos conservadores e de parte da burguesía, o día 30 de outubro o rei Vitor Manuel III nomeou a Mussolini xefe de goberno. Desde o poder, iría desmantelando o sistema e a oposición mediante a violencia e as disposicións legais. -
Eleccións de 1924
Nas eleccións de 1924, os fascistas obtiveron a maioría. No Parlamento a reducida oposición, en especial o deputado socialista Matteotti, denunciou a brutalidade e a coacción empregadas polos fascistas na campaña electoral. Polas súas críticas e denuncias Matteotti foi asasinado. Os deputados, como protesta, abandonaron o Parlamento e a súa retirada puxo en mans dos fascistas o control de todas as institucións do Estado. -
Ditadura persoal e réxime totalitario de Mussolini
A partir de xaneiro de 1925 Mussolini estableceu a ditadura persoal e o réxime totalitario. Todos os partidos políticos e sindicatos, agás o fascista, eram ilegais, estableceuse a censura en todos os medios e realizouse unha intensa depuración no exército, na administración e no ensino. Todo o poder residía en Mussolini. Gobernaba asesorado polo Gran consello Fascista. A cámara dos deputados foi reconvertida a partir de 1938 na Cámara dos Fascios e das Corporacións, cun carácter constitutivo. -
Carta do Traballo
Na organización do Estado e da vida económica, o réxime fascista italiano adoptou o corporativismo. Sobre os principios deste, o réxime italiano estableceu unha nova concepción do traballo, da empresa e da economía que foi recollida na Carta do Traballo outorgada por Mussolini en 1927. -
Acordos de Letrán
Afianzado no poder, Mussolini conseguiu resolver un dos problemas que afectaban Italia desde os tempos da unificación: a cuestión romana ou recoñecemento mutuo entre o Estado italiano e o Papa. En 1929 asináronse os Acordos de Letrán nos que Italia recoñecía a soberanía do Papa sobre un pequeno territorio en Roma, creando o Estado do Vaticano, e o Papa restablecía as súas relacións co reino de Italia e recoñecía a Roma como a súa capital. -
Conquista de Abisinia
Mussolini levou a cabo a conquista de Abisinia entre 1935 e 1936. -
Eixe Roma-Berlín (Pacto de Aceiro)
A partir de 1936 Mussolini afianzou as súas relacións coa Alemaña hitleriana. En 1939 formouse o Eixe Roma-Berlín (Pacto de Aceiro) e en 1940 Mussolini e Hitler están unidos na Segunda Guerra Mundial. -
Destitución de Mussolini
A Segunda Guerra Mundial amosou as debilidades dos italianos, con constantes derrotas e un completo sometemento aos alemáns. Tras o desembarco aliado en Sicilia, o Gran Consello Fascista aprobou, en xullo de 1943, devolver o poder ao rei Vitor Manuel III o que significaba destituír a Mussolini. O rei ordenou arrestar ao Duce e a súa substitución polo mariscal Badoglio, quen asinou a rendición de Italia aos Aliados. -
República de Saló
En setembro, Mussolini, liberado por paracaidistas alemáns da prisión do Gran Sasso, anunciou a rexeneración do réxime e proclamou a República Social Italiana (con sede en Saló, no norte de Italia) baixo a protección dos alemáns. -
Execución de Mussolini
Coa derrota e retirada alemá na guerra, Mussolini intentou fuxir do país pero foi detido polos partisanos e executado o 28 de abril de 1945.