-
Fascismo
O fascismo foi creado en 1919 por Mussolini, que era un exmilitante socialista, que creou nese mesmo ano os fascios tamén chamados Fasci italiani di combattimento; agrupados en escuadras, que levaban camisas negras en sinal de loita. -
Partido Nacional Fascista
O fascismo italiano só contou cun programa mínimo que se mesturaban as reivindicacións sociais ( xornada de oito horas, salario mínimo...) coa exaltación da nación e as críticas á política tradicional. Facilitaba a incorporación ás súas filas dunha ampla base social: excombatentes, traballadores, artesáns, comerciantes, propiedades agrícolas, intelectuais... -
Marcha sobre Roma
Foi unha marcha con destino a Roma organizada por Mussolini e os seus fascios que realizaron esta marcha para forzar o establecemento dun Goberno forte dirixido por el. Isto levouno o poder, que foi o rei Víctor Manuel III quen o nomeou xefe de Goberno, desmantelando o sistema e a oposición mediante a violencia e as disposicións legais. -
Expansionismo
Mussolini reclamou un papel activo nas relacións internacionais. Levou a cabo un agresivo expansionismo en África colonizando Libia ( 1922- 1933 ). Conquistou Abisinia entre 1935 -1936 e orixinou a imposición de sancións pola Sociedade de Nacións -
Os fascistas controlan o Estado
Nas elección de 1924, os fascistas obtiveron a maioría. Os socialistas denunciaron a coacción da campaña electoral fascista que acabou co asasinato de Matteotti. Como protesta os deputados da oposición abandonaron o parlamento, e ese erro fixo que os fascistas gañaran o control do Estado. -
Réxime totalitario de Mussolini
Mussolini estableceu unha ditadura persoal e un réxime totalitario, onde todos os partidos políticos que non foran fascistas eran ilegais. Neste réxime o poder era do xefe do Goberno, Mussolini. Gobernaba mediante decretos-leis asesorado polo Gran Consello Fascista. -
Acordos de Letrán
Mussolini resolveu un dos problemas que afectaban a Italia: entre o Estado italiano e o Papa. Italia recoñecía a soberanía do Papa sobre un pequeno territorio de Roma, o Vaticano. O Papa restablecía as súas relacións co reino de Italia e recoñecía a Roma como a súa capital. -
Intervención del Estado
A intervención económica do Estado aumentou tras a crisis de 1929: restricións ao consumo, creacións de grandes institución financieiras e industriais, proteccionismo severo e potenciación da fabricación de armamentos. Isto estimulou unha política colonialista de carácter expansivo. -
Cámara dos Fascios
A cámara de deputados tiña a misión de aprobar as leis, pero durante o réxime totalitario converteuse na cámara de fascios, cun carácter consultivo. -
Pacto de Aceiro
Mussolini afianzou as súas relación con Hitler e formouse o eixe Roma-Berlín. -
Unión dos líderes de Italia e Alemaña
Mussoli e Hitler están unidos na Segunda Guerra Mundial -
A destrucción de Mussolini
A guerra amosou constantes derrotas dos italianos. Tras o desembarco aliado en Sicilia, o Gran Consello Fascista aprobou devolver o poder o rei, o que significa destruír a Mussolini. O rei ordenou o arresto e o mariscal Badoglio asinou a rtendición de Italia. -
Execución de Mussolini
Mussolini liberado por paracaidistas alemáns da prisión do Gran Sasso, anunciou a rexeneración do réxime e proclamou a República Social Italiana ( con sede en Saló, no noste de Italia). Mussolini intentou fuxir do país pero foi detido polos partisianos e executado o 28 de abril de 1945