-
711
A GALICIA NA ALTA IDADE MEDIA (711-1037)
A chegada dos musulmáns á península pon fin o reino visigodo. Gallaecia fica durante o s. VIII á marxe do control dos reinos veciños, integrándose progresivamente no reino asturiano.
Agricultura moi primitiva e de baixo rendemento.
Campesiñado coma o grupo maioritario, con existencia de servos; e a presenza dunha aristocracia laica e dunha nobreza
eclesiástica.
A descuberta do sepulcro do Apóstolo converterá a Santiago no referente espiritual e ideolóxico do reinos cristiáns peninsulares. -
1037
A PLENA IDADE MEDIA (1037-1284)
Galicia fixa o territorio que conserva até a actualidade.
No século XII Galicia xogará un papel político e cultural moi destacado.
Coa unión das coroas de Castela, León e Galicia, esta afástase do plano político peninsular.
As aldeas enchen o espazo rural, xurden as parroquias, os dominios eclesiásticos e as cidades.
Crecemento demográfico da man da expansión agrícola, comercial e artesanal.
A nobreza eclesiástica é a propietaria de terras en
Galicia. -
1284
A BAIXA IDADE MEDIA (1284-1474)
Século marcado pola guerra civil entre Pedro I e Henrique de Trastámara. A nobreza imporase sobre os reis.
O levantamento Irmandiño é a revolta antifeudal da Idade Media.
Crise demográfica e contracción da produción agrícola. Vivirá o auxe o comercio marítimo.
O campesiño é o que vai soportar o clima de violencia xeralizada destes séculos. A nobreza eclesiástica vai sufrir a xeneralización forzada das encomendas.
Confluencia entre o campesiñado e as masas urbanas, unidas nas reivindicacións, -
1474
GALICIA E OS REIS CATÓLICOS (1474-1483)
O reinado de Sabela de Castela e Fernando de Aragón integra a Galicia no estado autoritario.
Creación da "Santa Irmandade".
Nomeamento de Fernando de Acuña coma Xustiza Maior de Galicia no1480.
Execución de Pardo de Cela no 1483 marca a paz e a orde.
Transformación da aristocracia galega, pasando de guerreira a cortesá.
Fin do bandoleirismo nobiliar, favorecendo ao campesiñado e as
cidades.
Creanse as institucións de Gobernador e Audiencia de Galicia para reforzar o poder real na nosa terra.