21742867 la colección que muestra la evolución de los ordenadores aislados en un fondo blanco

A evolucion dos ordenadores

  • Z1

    Z1
    É a primeira maquina totalmente electro-mecánica, os componentes mecánicos daban bastantes problemas, foi frabricada por Konard Zuse, o seu traballo foi menospreciado.
  • Z2

    Z2
    Foi unha evolución do Z1 se usaron os relés por primera vez para mellorar o uso foi fabricado tamen por Konard Zuse
  • ENIAC

    ENIAC
    Considerado ata hai uns anos como o primeiro ordenador dixital electrónico da historia.3 Non era un modelo de produción, senón unha máquina experimental. Tampouco era programable no sentido actual. Era un dispositivo enorme que ocupaba todo un soto da universidade. Construído con 18.000 tubos de baleiro, consumía varios kW de enerxía eléctrica e pesaba 30 toneladas. Era capaz de realizar cinco mil adicións por segundo. Foi feito por un equipo de enxeñeiros e científicos encabezados.
  • UNIVAC

    UNIVAC
    Considerado o primeiro ordenador comercial que se vendeu, aínda que o británico Feranti Mark I adiantouse por uns meses, e nunca se tivo en conta o Z4, que levaba case un ano de vantaxe. Os doutores Mauchly e Eckert fundaron a empresa Universal Computer (Univac), e o seu primeiro produto foi esta máquina. O primeiro cliente foi a Oficina do Censo dos Estados Unidos.
  • MICROPROGRAMACIÓN

    MICROPROGRAMACIÓN
    Maurice Wilkes inventa a microprogramación, que simplifica moito o desenvolvemento da CPU
  • SPACEWAR

    SPACEWAR
    É un videoxogo de combate espacial desenvolvido en 1962 por Steve Russell en colaboración con Martin Graetz, Wayne Wiitanen, Bob Saunders, Steve Piner e outros. Foi programado para o recentemente creado miniordenador DEC PDP-1 no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts.
  • CDC 6600

    CDC 6600
    O CDC 6600 ten unha CPU de 60 bits e 10 unidades de procesamento periférico (PPU) e úsase un marcador para o trazado de pedidos. Utilizouse principalmente para a investigación de física nuclear de alta enerxía.
  • SERIE 360

    SERIE 360
    IBM anunciou a serie 360, que foi a primeira familia de ordenadores que podía executar o mesmo software en diferentes combinacións de velocidade, capacidade e prezo. Tamén abriu o uso comercial de microprogramas e un conxunto de instrucións estendido para procesar moitos tipos de datos, non só aritmética. Ademais, unificouse a liña de produtos de IBM, que antes tiña dúas liñas separadas, unha liña de produtos "comercial" e outra "científica".
  • PDP-8

    PDP-8
    É un miniordenador de 12 bits creado por Digital Equipment Corporation (DEC) en abril de 1965, a partir da serie PDP. Foi a primeira minicomputadora de éxito comercial, con máis de 50.000 unidades vendidas durante a vida útil do modelo. O seu deseño básico seguiu os pasos do pioneiro LINC pero ten un conxunto de instrucións máis pequeno, que á súa vez é unha versión ampliada do conxunto de instrucións PDP-5.1.
  • PDP-11

    PDP-11
    Foi un ordenador fabricado por Digital Equipment Corp. nos anos 70 e 80, pertencente á serie PDP. Foi a primeira minicomputadora en interconectar todos os elementos do sistema (procesador, memoria e periféricos) a un único bus de comunicación asíncrono bidireccional.