-
Decretos de outubro
Lenin promulgou o Decreto sobre a terra, polo que era abolida a propiedade privada e as terras pasaban a ser patrimonio colectivo do pobo ruso e podendo traballalas en réxime de usufruto. Outros foron o Decreto sobre o control obreiro e o Decreto de nacionalización da banca e do comercio exterior. -
A Guerra Civil
As medidas tomadas polos bolxeviques acrecentaron o número de opositores ao novo réxime, causando unha Guerra Civil. Crearonse dous exércitos: o branco formado por menxeviques, tsaristas, Inglaterra, Francia, EEUU e Xapón; e o vermello formado polos bolxeviques e organizado por Trotski.
Ambos desenvolveron unha política de terror pero a vitoria logrouna o exército vermello en 1921 -
Comunismo de guerra (1918-1921)
Baixo esta denominación inclúense as medidas que o Goberno bolxevique puxo en práctica durante a Guerra Civil. Decretouse o control estatal de todos os sectores económicos, a obrigatoriedade do traballo, a derrogación parcial dos cartos como medio de pago e a requisa forzosa das colleitas. -
A retirada rusa da Gran Guerra
Co obxectivo de consolidar a posición dos bolxeviques, Lenin proclamou en outubro o Decreto en favor da paz, propoñendo unha paz sen anexións nin indemnizacións. Finalmente os alemáns impuxeron as súas condicions no tratado de Brest-Litovsk -
A construción do Estado soviético.
O Goberno de Lenin baseou a organización do novo Estado nos soviets, os cales aprobaron a primeira Constitución soviética, que vai precedida dunha Declaración de dereitos do pobo traballador e explotado. Al mesmo tempo estableceuse un novo nome para o país: A República Socialista Federativa Soviética de Rusia (RSFSR) -
A Terceira Internacional
A iniciativa de Lenin Nas Teses de abril deu lugar ao nacemento da Terceira Internacional ou Internacional Comunista fundada en Moscova en 1919 co obxectivo fundamental do derrocamento definitivo do capitalismo. -
A nova Política Económica (NEP. 1921-28)
As duras medidas do comunismo de guerra tiveron efectos negativos provocando o descontento co Goberno. Para evitar este que descontento popular se xeneralizase Lenin adoptou unha serie de medidas que se coñecen como NEP.
Desapareceron as requisas obrigatorias, estabilizouse a moeda e permitia unha maior liberdade do comercio interior, liberalización das actividades económicas.... -
Fundación da URSS
Co dereito á igualdade de todos os pobos de Rusia e o dereito á autodeterminación recoñeceronse as demandadas nacionalidades periféricas. En 1922 a Unión Federal destas republicas coa RSFS de Rusia deu lugar á fundación da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas