-
CHARLES BABBAGE
Foi un matemático e científico da computación británico.1 Deseñou e desenvolveu parcialmente unha calculadora mecánica capaz de calcular táboas de funcións numéricas polo método de diferenzas. Tamén deseñou, pero nunca construíu, a analítica para executar programas de tabulación ou computación; por estes inventos considéraselle como unha das primeiras persoas en concibir a idea do que hoxe chamariamos unha computadora, polo que se lle considera como «O Pai da Computación». -
ADA LOVELACE
Foi unha matemática, informática e escritora británica, soada sobre todo polo seu traballo acerca da calculadora de uso xeral de Charles Babbage, a denominada máquina analítica. Entre as súas notas sobre a máquina, atópase o que se recoñece hoxe como o primeiro algoritmo destinado a ser procesado por unha máquina, polo que lla considera como a primeira programadora de computadores. -
HOWARD H. AIKEN
Ideou un dispositivo electromecánico de computación que podía facer gran parte dese traballo por el. Este computador foi orixinalmente chamado Automatic Sequence Controlled Calculator ( ASCC) e posteriormente renombrado Harvard Mark I. Coa axuda de Grace Hopper, e financiado por IBM, a máquina foi completada en 1944 -
ECKERT E MAUCHLY
John William Mauchly e J. Presper Eckert son os científicos que inventaron o Electronic Numeric Integrator & Computer (ENIAC), o primeiro computador dixital electrónico, o cal foi completado en 1946. -
JUDE MILHOM
Esta muller foi unha das mellores hacker. Jude Milhon dedicouse á seguridade dos arquivos do sistema, considera que poñer a información ao alcance de todos que constitúe un extraordinario ben. -
WILLIAM SHOCKEY
Era un fisico e a súa asignación era buscar unha alternativa de estado sólido aos amplificadores de cristal da válvula sen carga. Os seus intentos fallaron a cada proba, até que Bardeen suxeriu unha teoría que facía que os estados superficiais evitaran que o semicondutor penetrase no campo. As súas procuras continuaron coa descrición do díodo, a versión electrónica da válvula sen carga. As súas procuras ao redor dos semiconductores levárono a formular o 4 de xullo de 1951 o transistor bipolar. -
WALTER HOUSER BRATTAIN
O seu principal campo de investigación foi o estudo das propiedades das superficies dos sólidos, e en particular a da estrutura atómica dun material a nivel superficial, a cal difire da do interior. Xunto aos físicos William Shockley, director do proxecto, e John Bardeen inventaron un pequeno dispositivo electrónico denominado transistor. Anunciouse por primeira vez en 1948 e acabouse o 4 de xullo de 1951, empregándose comercialmente en radios portátiles, audífonos e outros aparellos. -
JHON BARDEEN
Foi un físico norteamericano, a única persoa en gañar dous premios Nobel de física, en 1956 polo transistor con William Bradford Shockley e Walter Houser Brattain, e en 1972 por unha teoría fundamental da supercondutividade con Leon Cooper e John Robert Schrieffer, agora chamada teoría BCS. -
GRACE MURRAY HOPPER
Ela foi unha pioneira no mundo das ciencias da computación e foi a primeira programadora que empregou o Mark I. -
HEDY LAMARR
Ao comezo da Segunda Guerra Mundial, ela e o compositor George Antheil desenvolveron un sistema de guía por radio para torpedos aliados que utilizaba o espectro alargado e a tecnoloxía de salto de frecuencia para vencer a ameaza de interferencias por parte das potencias do Eixo. Aínda que a US Navy non adoptou a tecnoloxía ata a década de 1960, os principios do seu traballo incorpóranse á tecnoloxía Bluetooth e son similares aos métodos utilizados nas versións herdadas de Wi-fi. -
STEVE WOZNIAK
Considéraselle un dos pais da revolución das computadoras, contribuíndo significativamente á invención dunha computadora persoal ( PC, persoal computer) nos anos 1970. -
BILL GATES
Gates foi director xeral e actualmente é presidente de Microsoft, a compañía de software que fundou xunto con Paul Allen. -
FRANCES ELISABETH ALLEN
É unha informática estadounidense e pioneira no campo de optimizar compiladores. Os seus logros inclúen traballo en compiladores, optimización de código, e computación paralela. Tamén tivo un rol importante na creación de linguaxes de programación e códigos de seguridade para a Axencia de Seguridade Nacional Americana.12 Allen mg 2545- b. jpg Allen foi o primeira socio de IBM e en 2006 converteuse na primeira muller gañadora do Premio Turing.