-
Disolución da URSS
Os conservadores apartaron do poder a Mijail Gorbachov, deixando a Boris Yeltsin, xefe da república rusa, a cargo da Unión. Este organiza unha reunión con representantes de 3 das repúblicas e, á marxe das outras 12, decreta "o fin da URSS como suxeito político e a súa disolución". Gorbachov quedou sen estado e ás demáis repúblicas non lles quedou outra que aceptalo. -
Period: to
Presidencia de Boris Yeltsin en Rusia
Boris Yeltsin quedouse coa parte máis rica da URSS, Rusia, que rompeu o sistema comunista para pasar ao comunismo. Os bens 100% estatales pasaron a mans privadas, provocando a aparición dos oligarcas, que influían no goberno.
A poboación comezou a reducirse porque os nenos deixaron de nacer. Nunca houbera tanta pobreza desde a Segunda Guerra Mundial.
En 1999 Yeltsin nomeou a Vladimir Putin como primeiro ministro. -
Outubro Negro
Boris Yeltsin decretou a disolución do Congreso dos Deputados e do Sóviet Supremo, indo en contra da Constitución da RSFS.
As protestas contra o goberno de Yeltsin tomaron as calles, e houbo varios mortos.
Baixo o control de Yeltsin, o éxercito decretou o final da crise. Os deputados encerráronse na Casa Blanca, a sede do parlamento ruso, e resistiron grazas ás protestas, que estaban no seu punto álxido, para cando Yeltsin ordenou bombardear a Casa Blanca, morrendo moitos dos seus ocupantes. -
Period: to
1ª Guerra chechena
Antes da disolución da URSS, Dzojar Dudaev, un xeneral soviético é elixido presidente da república chechena. A xestión de Dudaev é un fracaso, con moita pobreza.
Yeltsin ataca para estabilizar a rexión e frear as tendencias separatistas.
Os chechenos repléganse ás montañas, e lanzan unha eficaz guerra de guerrillas con accións terroristas.
Alexander Lébed, consegue sentarse a negociar co presidente checheno, Aslán Masjadoz, e firman os Acordos de Jasaviurt. Chechenia consegue a autonomía. -
Nomeación de Putin.
Boris Yeltsin nomeou a Putin como primeiro ministro, e el dimitiu no 2000. -
Period: to
Segunda Guerra Chechena
Iniciouse por Rusia despois de que Chechenia e guerrilleiros da Brigada Internacional invadisen Daguestán motivados por unha serie de atentados en Rusia nos que foron acusados os chechenos. As tropas rusas entraron en Chechenia. A campaña rematou coa independencia da República Chechena de Ichkeria, e restaurouse o control ruso sobre o territorio.
Considerábase un conflito interno, pero a guerra atraeu a numerosos combatentes estranxeiros. -
Elección de Putin como presidente.
Vladimir gana as eleccións do 2000, logo de ser nomeado primeiro ministro por Boris Yeltsin. Putin devolveu a estabilidade, seguridade, crecemento económico e orgullo nacional. Atopou o equilibrio de como as grandes riquezas nas mans da oligarquía tamén favorecían ao resto da poboación. -
Euromaidán
”Euromaidan” foi o nome que se lle deu a unha serie de manifestacións e disturbios de temática europeísta e nacionalista de Ucraína, que no seu punto álxido derrocaron ao presidente Víktor Yanukóvich, líder la formación política prorrusa Partido das Nacións. Estes conflitos debéronse ás falsas esperanzas que o presidente dese momento deu ao pobo, respecto á pronta incorporación de Ucraína á Unión Europea. e -
Estalido da Guerra do Donbás
Os grupos anti-Maidán do Dombás organizáronse para lograr ocupar os edificios gobernamentais e declarar a independencia unilateral das rexións de Donestsk e Lugansk. Os rebeldes prorrusos retrocederon e semellaba que Kiev restablecería pronto a orde. Non obstante, o apoio económico, militar e de intelixencia ofrecido por Rusia ás milicias permitiu a súa supervivencia, e os rebeldes recuperaron terreo nunha contraofensiva. Desde entón, o fronte se mantivo máis ou menos marcado nesas liñas. -
Anexión de Crimea a Rusia
A orixe deuse no Euromaidán. Comezaron entón unha serie de manifestacións de rusófilos que se opoñían ao ocorrido en Kiev e que buscaban mellorar os vínculos (ou integrarse) con Rusia. Produciuse unha intervención militar, onde as Forzas Armadas Rusas se despregaron en Crimea, supostamente para garantir a seguridade dos ucraínos prorrusos que vivían alí e as bases rusas establecidas, ata que se normalizara a situación, desoíndo as advertencias de non invadir lanzadas por EE.UU. e Kiev. -
Acordo de Minsk II
Os gobernantes de Alemaña, Francia, Rusia e Ucraína buscaban aliviar a Guerra do Dombás mediante o segundo acordo de Minsk. Entre os obxectivos propostos estaban un alto ao lume incondicional para ser observado pola OSCE, a partir do 15 de febreiro, a retirada das armas pesadas do fronte de combate, a liberación dos prisioneiros de guerra e a reforma constitucional de Ucraína. -
Subida ao poder de Zelensky en Ucraína
Zelensky defendía “unha Ucraína forte, poderosa e libre, que non sexa a irmá menor de Rusia, que non sexa un socio corrupto de Europa, senón a nosa Ucraína independente". Neste ámbito, o seu programa incluía a posibilidade de considerar a entrada na UE e na OTAN para 2024. Tamén se manifestou a favor da prohibición do partido comunista, e en contra de conceder un status especial ao Donbás e a amnistía aos líderes independentistas de Donetsk e Luhansk. -
Independencia de Donetsk e Luhansk
Os territorios xa estiveran tomados por separatistas prorrusos desde 2014.
Desde ese momento, foron 8 anos no campo de batalla que son o probable escenario do que os expertos e os políticos consideran “a maior conflagración armada en Europa desde 1945”.
O pasado 21 de febreiro de 2022, logo do recoñecemento dos territorios como “repúblicas independentes”, Vladimir Putin enviou tropas rusas en “misión de pacificación” ás rexións. -
Inicio da invasión Rusia a Ucraína
A ofensiva de Rusia cara Ucraína oriental comezou o 24 de febreiro de 2022, e formaba parte da guerra ruso-ucraína iniciada en 2014. Estivo precedida por unha concentración militar rusa nas fronteiras de Ucraína que se iniciou a finais do 2021.