-
Period: to
O goberno provisional de 1868-1871
O Goberno Provisional de 1868-1871 foi o executivo transitorio que se formou en España tras o trunfo da Gloriosa, creouse coa misión de democratizar o sistema político, Constitúe o primeiro período do Sexenio Democrático. -
Period: to
A Revolución de 1868 "A Gloriosa"
A Revolución de 1868, chamada a Gloriosa ou Revolución de Setembro, tamén coñecida pola Setembrina, foi unha sublevación militar con elementos civís que tivo lugar en España e supuxo o destronamento e exilio da raíña Isabel II e o inicio do período denominado Sexenio Democrático. -
Batalla de Alcolea
A batalla da ponte de Alcolea enfrentou aos militares sublevados contra a raíña Isabel II e ás tropas realistas que se mantiñan fieis a súa autoridade. -
Period: to
A Monarquía de Amadeo I
O reinado de Amadeo I foi o primeiro intento na historia de España de poñer en práctica a forma de goberno da monarquía parlamentaria, aínda que foi un fracaso, xa que só durou dous anos.
Amadeo contou co apoio de progresistas, unionistas e demócratas, e o goberno puxo en marcha novas medidas para a recuperación económica e para a democratización real do país. -
Asasinato de Prim
O seu asasinato ocurreu nun momento moi importante, transcurriran 2 anos dende que fora derrubada Isabel II. A intención do parlamento era manter unha monarquía democrática, pero foi desexo de Prim que nunca un Borbón volvera a ser o xefe do estado. Comezaron a buscar rei... e ao fin o parlamento decidiu democráticamente que sería un príncipe italiano. O novo monarca embarcou, o 27 de decembro rumbo a Cartaxena, pero esa tarde o xeneral Prim morre asasinado. -
Period: to
A Primeira República
Foi o réximen político vixente en España dende a súa proclamación polas Cortes, o 11 de febreiro de 1873, ata o 29 de decembro de 1874, cando o pronunciamento do xeneral Martínez Campos deu comezo á restauración da monarquía borbónica. O período estivo marcado por tres conflictos armados simultáneos: a terceira guerra carlista, a sublevación cantonal e a Guerra dos Dez Anos cubana. -
Restauración borbónica
Etapa política da historia de España desenrolada baixo sistema monárquico que se estendeu entre finais de 1874 e 1931. O nome alude á recuperación do trono por parte dun membro da Casa de Borbón, Afonso XII, despois do Sexenio Democrático. -
Golpe de Estado de Pavía
O golpe de Estado de Pavía foi un golpe de Estado que se produciu en España durante a Primeira República e que estivo encabezado polo xeneral Manuel Pavía. Consistiu na ocupación do edificio do Congreso dos Deputados por gardas civís e soldados cando se estaba procedendo á votación dun novo presidente do Poder Executivo da República. O obxectivo do golpe era impedir que Castelar fora desaloxado do goberno -
Pronunciamento de Martínez Campos
Pronunciamento feito polo xeneral Arsenio Martínez Campos en Sagunto, que supuxo a Restauración borbónica en España, o fin ao Sexenio Democrático e o fin da Primeira República Española.