-
Máquina do Vapor
A máquina de vapor é un motor de combustión externa que transforma a enerxía térmica dunha cantidade de auga en enerxía mecánica. Foi inventada por James Watt en Inglaterra. -
Barco a Vapor
-
Locomotora de Stephenson
A Rocket de Stephenson foi unha das primeiras locomotoras de vapor con disposición de rodas 0-2-2. Construíuse para as Probas de Rainhill, organizadas polo Ferrocarril de Liverpool e Mánchester en 1829 co fin de elixir o mellor deseño para impulsar o novo ferrocarril, nas que resultou vencedora. -
Telégrafo
Foi Joseph Henry quen en 1829 construíu o primeiro telégrafo. Con todo, a persoa que lle deu gran impulso foi o estadounidense Samuel Morse (1791-1872), quen inventou un código que leva o seu nome. -
Teléfono
O telettrofono ou teléfono foi inventado no ano 1854 polo inventor italiano Antonio Meucci. Construíuno para conectar a súa oficina co seu dormitorio e así poder falar coa súa esposa, que estaba inmobilizada en cama por unha enfermidade. -
Convertidor Thomas-Bessemer
O procedemento Bessemer foi o primeiro proceso de fabricación químico que serviu para a fabricación en serie de aceiro, fundido en lingotes, de boa calidade e con pouco custo a partir do arrabio. -
Dinamita
En 1867 Nobel conseguiu fabricar a dinamita, mesturando a nitroglicerina cun material absorbente (a terra de diatomeas), e así obtivo un po que se podía percutir e, mesmo, queimar ao aire libre sen que explotase. -
Motor Otto
O motor Otto foi o primeiro motor de explosión de catro tempos. Ideado en 1876 polo enxeñeiro alemán Nicolaus Otto (1832-1891), supuxo o inicio dos propulsores de combustión interna realmente operativos. -
Bombilla eléctrica
O 27 de xaneiro de 1880, fai hoxe xusto 135 anos, Edison obtiña o patente número 285.898, unha lámpada incandescente con filamento de carbono e o baleiro no seu interior. Coas súas 40 horas de duración, foi a primeira lámpada comercialmente viable. -
Automovil
O primeiro automóbil con motor de combustión interna atribúese a Karl Friedrich Benz na cidade de Mannheim en 1886 co modelo Benz Patent- Motorwagen. Pouco despois, outros pioneiros como Gottlieb Daimler e Wilhelm Maybach presentaron os seus modelos. -
Radio
A historia da radio describe os pasos importantes na evolución de radiocomunicación e o medio de comunicación chamado radio desde o descubrimento das ondas de radio ata a actualidade. -
Avión
Wilbur e Orville Wright naceron en 1867 e 1871, respectivamente. Mentres dirixían unha fábrica de bicicletas en Ohio empezaron a estudar técnicas de voo e a deseñar un modelo aerodinámico que fixese este posible; o que culminou na mencionada proba de 1903.