-
Máquina de vapor
A máquina de vapor de Watt, tamén coñecida como a máquina de vapor de Boulton e Watt, foi a primeira máquina de vapor práctica, converténdose nunha das forzas impulsoras da Revolución Industrial. -
Fiadora hidráulica
A fiadora hidráulica é un tipo de máquina fiadora impulsada por unha roda hidráulica. Desenvolvida en Gran Bretaña durante as primeiras etapas da Revolución Industrial por Richard Arkwright, consistía nun bastidor que permitía accionar simultaneamente ata 128 mecanismos de fiado, incrementando substancialmente a produción e a calidade do fío fabricado industrialmente. O nome orixinal en inglés desta máquina é "water frame". -
Desmotadora de algodón
A desmotadora de algodón foi desenvolta por Eli Whitney. Permitía a separación do algodón a gran velocidade e de maneira económica, xa que realizaba mecanicamente o traballo manual equivalente de dez persoas. -
Barco de vapor
O barco de vapor inventado por Robert Fulton é un buque propulsado por máquinas ou turbinas de vapor. Consta elementalmente dunha caldeira de vapor, dunha turbina de vapor ou máquina de vapor e dun condensador refrixerado por auga. A transmisión conséguese cun cegoñal nas máquinas de vapor ou cunha caixa redutora no caso de usar turbinas. -
Locomotora de vapor
A locomotora de vapor de Stephenson é un tipo de locomotora impulsada pola acción do vapor de auga. Era a forma dominante de tracción nos ferrocarrís, ata que a mediados do século XX foron substituídas polas locomotoras diésel e eléctricas. -
Telégrafo
O telégrafo de Morse é un aparello ou dispositivo que emprega sinais eléctricos para a transmisión de mensaxes de texto codificados, como co código Morse, mediante liñas alámbricas ou comunicacións de radio. -
Convertidor Bessemer
O convertidor Bessemer foi inventado por Thomas Bessemer, foi o primeiro proceso de fabricación químico que serviu para a fabricación en serie de aceiro, fundido en lingotes, de boa calidade e con pouco custo a partir do arrabio. -
Dinamita
A dinamita foi inventada por Alfred Nobel. É un explosivo moi potente composto por nitroglicerina, unha substancia explosiva líquida a temperatura ambiente e moi inestable que ao ser absorbida nun medio sólido, convértese nun explosivo máis estable. -
Teléfono
O teléfono é un dispositivo de telecomunicación creado para transmitir sinais acústicas a distancia por medio de sinais eléctricos. Foi inventado polo italiano Antonio Meucci. -
Bombilla
A bombilla foi inventada por Thomas Edinson, brillou durante 48h e a partir de ahí empezouse a usar en todas partes. -
Coche
O coche inventouse por Benz e funcionaba con un motor de combustión interna -
Avión
O avión foi inventado polos irmáns Wright, voou 12" e 37 metros antes de estrellarse.