Historia Contemporánea

  • Period: to

    Guerra da independencia española

    A Guerra da Independencia Española (1808-1814) foi un conflicto contra a invasión napoleónica de España. Napoleón aproveitouse da crise política para impoñer ao seu irmá, como rei.Esto provocou a resistencia popular, expresada en enfrontamentos contra o exército francés e co apoio de aliados como Portugal e Reino Unido, os españois loitaron ata conseguir expulsar aos franceses.A guerra rematou en 1814 coa restauración de Fernando VII como rei, deixando secuelas económicas e sociais.
  • Constitución 1812

    Constitución 1812
    A Constitución de 1812, tamén coñecida como La Pepa, foi a primeira constitución liberal de España, aprobada en 1812 polas Cortes de Cádiz. Establecía a soberanía nacional, a separación de poderes e recoñecía os dereitos como a libertade de prensa e a igualdade ante a lei , limitando así os poderes do monarca, establecendo un sistema de monarquía constitucional.
  • Cortes de Cádiz

    Cortes de Cádiz
    As Cortes de Cádiz foron unha asemblea constituínte convocada en 1810 durante a Guerra da Independencia Española. Reuníronse en Cádiz, donde inda non chegaran as tropas francesa, para marcar como obxectivo reformar o país e establecer unha nova orde política. En 1812 aprobaron a primeira Constitución española, que sentaba as bases dunha monarquía constitucional e a soberanía nacional. Este evento foi clave para o desenvolvemento do liberalismo en España.
  • Congreso de Viena

    Congreso de Viena
    O Congreso de Viena (1814-1815) foi unha conferencia internacional convocada tras a derrota de Napoleón, coa finalidade de reorganizar Europa e restaurar o equilibrio do poder. As principais potencias europeas, como Austria, Rusia, Prusia, Reino Unido e Francia, reuníronse para restaurar as monarquías absolutas.A súa finalidade era evitar futuras guerras continentais e frear o expansionismo francés.
  • Revolución de 1830

    Revolución de 1830
    A Revolución de 1830 en Francia foi un enfrontamento popular contra o rei Carlos X, quen intentaba restaurar o absolutismo.A crítica da prensa e a disolución da Cámara dos Deputados, provocaron protestas en París en xullo de 1830, coñecidas como as "Tres Xornadas Gloriosas".Pouco despois o rei foi substituído por Luís Filipe de Orleans, instaurando unha monarquía constitucional máis liberal.
  • Period: to

    Reinado de Isabel II de España

    O reinado de Isabel II en España (1833-1868) estivo marcado pola inestabilidade política. Isabel ascendeu ao trono tras a morte de Fernando VII, provocando as Guerras Carlistas, conflitos entre os absolutistas e os liberais. Debido aos enfrontamentos políticos en 1868 tras a Revolución Gloriosa, abriron o paso ao Sexenio Democrático.
  • Manifesto Comunista

    Manifesto Comunista
    O Manifesto Comunista, publicado en 1848 por Karl Marx e Friedrich Engels, fala sobre a loita de clases como motor da historia e chama ao proletariado a loitar contra o capitalismo e crear unha sociedade sen clases, onde os medios de produción sexan de propiedade común. Defende a revolución para eliminar as desigualdades económicas e sociais.
  • Revoluciones de 1848

    Revoluciones de 1848
    A Revolución de 1848 foi unha serie de levantamentos populares provocados polo descontento coas monarquías absolutas e a crise económica. En outros países como Austria, Alemaña e Italia, as revoltas esixían reformas liberais.
  • Period: to

    Alfonso XII

    Alfonso XII (1857-1885)foi rei de España entre 1874 e 1885, durante o período coñecido como a Restauración Borbónica.Chegou ao trono tras un golpe de estado que puxo fin á Primeira República, logrando a paz no país tras anos de conflitos. Durante o seu reinado aprobouse a Constitución de 1876, que estableceu unha monarquía parlamentaria e un sistema de alternancia política entre partidos. Morreu moi novo, aos 27 anos,deixando como herdeiro o seu fillo, Alfonso XIII, que nacería meses despois.
  • Period: to

    Guerra de secesión USA

    A Guerra de Secesión dos Estados Unidos(1861-1865 foi un conflito entre os estados do norte(a Unión)e os do sur(os Confederados)principalmente debido á escravitude e á cuestión dos dereitos dos estados.Os estados do sur querían separarse da Unión para formar un país independente,mentres que o norte quería preservar a unidade do país e abolir a escravitude.A guerra rematou coa vitoria da Unión, o que levou á abolición da escravitude(deixou sen efecto este sistema)e á reconstrucción do sur.
  • I AIT

    I AIT
    A I AIT foi unha organización fundada en 1864 en Londres,coa intención de unir aos traballadores de diferentes países na loita polos seus dereitos,melloras sociais e melloras das condicións laborais. A súa creación estivo motivada pola expansión do movemento obreiro e as ideas marxistas.A organización desintegrouse en 1876 debido a disputas internas, especialmente entre os que apoiaban a Marx e os que apoiaban a Bakunin.
  • Period: to

    Sexenio Democrático

    O Sexenio Democrático (1868-1874) foi un período de cambio político en España que se iniciou tras a dimisión da reina Isabel II. Este período caracterizouse polo obxetivo de establecer un sistema democrático. Os conflitos internos provocaron que o novo sistema non se puidese establecer. O Sexenio rematou en 1874 coa restauración da monarquía, que deu paso á dinastía dos Borbóns con Alfonso XII. Este período marcou un intento de modernización da política en España.
  • Unificación italiana

    Unificación italiana
    A unificación italiana foi un proceso histórico que tivo lugar entre 1815 e 1871, co obxectivo de unificar os estados que compoñían a Península Itálica en unha soa nación.Comezou coas guerras de independencia contra o dominio austríaco. En 1861, proclamouse o Reino de Italia, pero a unificación non se completou ata 1871, cando Roma se converteu na nova capital. Este proceso marcou os inicios do nacionalismo italiano.
  • Unificación Alemana

    Unificación Alemana
    A unificación alemana foi un proceso que se desenvolveu entre 1864 e 1871, que buscaba unir os distintos estados en unha única nación.Liderado polo canciller prusiano Otto von Bismarck, o proceso comezou coas guerras contra Dinamarca e Austria (1866), que permitiron a Prusia consolidar o seu poder.A unificación proclamouse en Versalles o 18 de xaneiro de 1871. Este feito estableceu a Prusia como a potencia dominante en Europa e deu lugar a importantes cambios políticos e sociais na rexión.
  • Primeira República Española

    Primeira República Española
    A Primeira Revolución Española, foi un levantamento que derrocou á reina Isabel II e marcou o inicio do Sexenio Democrático. A revolución comezou en setembro de 1868, co exército liderado por Juan Prim e Francisco Serrano, e pouco despois Isabel II exilioeuse a Francia. A revolución deu paso a un período que incluíu a instauración da Primeira República en 1873.
  • Constitución de 1876

    Constitución de 1876
    A Constitución de 1876 estableceu unha monarquía parlamentaria en España, limitando o poder do rei e creando un sistema bipartidista entre conservadores e liberais. Ademáis garantía dereitos e liberdades, pero mantendo unha certa centralización do poder e sen recoñecer completamente a soberanía popular. Foi vixente ata a proclamación da Segunda República en 1931.
  • Period: to

    Conferencia de Berlín

    A Conferencia de Berlín (1884-1885) foi unha reunión entre potencias europeas destinada a regular a colonización de África, establecendo normas para evitar conflitos entre elas. As potencias, sen contar cos africanos, dividiron o continente en colonias e fixaron o principio de "ocupación efectiva" para reclamar territorios. Esta conferencia consolidou o reparto de África e tivo consecuencias negativas para os pobos africanos, que perderon a súa autonomía e sufriron unha explotación.
  • II AIT

    II AIT
    A Segunda Internacional, fundada en 1889, reunía a partidos socialistas e obreiros de todo o mundo para defender os dereitos laborais e promover o socialismo a través de reformas políticas e económicas. Logrou avances como a xornada laboral de 8 horas, pero as diferencias ideolóxicas levaron á súa disolución antes da Primeira Guerra Mundial.
  • Period: to

    Alfonso XIII

    Alfonso XIII(1886-1934)foi rei de España desde o seu nacemento, debido á súa minoría de idade,ata a súa abdicación en 1931.O seu reinado estivo marcado por unha inestabilidade política e social,con crises como a Guerra de Marruecos e a xira de dictaduras.
    Durante o seu mandato,a monarquía perdeu o apoio popular e,finalmente,a proclamación da Segunda República levouno á exiliación.A súa figura foi polémica debido á súa implicación en varios eventos políticos e ao seu apoio a réximes autoritarios.
  • Domingo Sanguento

    Domingo Sanguento
    O Domingo Sangrento de 1905 foi un día tráxico en San Petersburgo, Rusia, cando milleiros de traballadores marcharon para pedir melloras nas súas condicións de vida e xustiza ao zar Nicolás II. Pero, en lugar de ser escoitados, as tropas do zar dispararon contra eles, deixando centos de mortos e feridos. Este terrible suceso rompeu a confianza do pobo no zar e deu inicio a unha onda de protestas que sacudiu o país. Foi un momento que marcou o principio do fin para a monarquía rusa.
  • Period: to

    Guerras Balcánicas

    As Guerras dos Balcáns foron dous conflitos que aconteceron entre 1912 e 1913 na península dos Balcán. Na primeira guerra,os países da Liga Balcánica (Serbia,Grecia,Bulgaria e Montenegro) uníronse para loitar contra o Imperio Otomán e repartiron os seus territorios. Pero na segunda guerra,en 1913, os antigos aliados pelexaron entre eles polo control deses novos territorios.Estes conflitos deixaron a rexión moi debilitada e aumentaron a inestabilidade en Europa.
  • Period: to

    Primera Guerra Mundial

    As Guerras dos Balcáns, entre 1912 e 1913, foron dous conflitos na península balcánica. Na primeira, Serbia, Grecia, Bulgaria e Montenegro derrotaron o Imperio Otomán e repartiron territorios. Na segunda, en 1913, os antigos aliados pelexaron entre eles polo control deses territorios. Estas guerras aumentaron a inestabilidade e abriron o camiño á Primeira Guerra Mundial.
  • Period: to

    Revolución de Febreiro

    A Revolución de Febreiro de 1917 foi un momento clave en Rusia que marcou o fin do goberno do zar Nicolas II.A causa principal foi o descontento popular pola fame, a pobreza e as duras condicións provocadas pola Primeira Guerra Mundial. As protestas en Petrogrado,lideradas por obreiros, soldados e mulleres,creceron ata que o zar abdicou. Con isto,comezou unha nova etapa en Rusia,coa creación dun goberno provisional que intentaba cambiar o rumbo do país,aínda que pronto chegaría outra revolución.
  • Revolución de Outubro

    Revolución de Outubro
    A Revolución de Outubro de 1917 foi momento decisivo na historia de Rusia.Despois da Revolución de Febreiro,o goberno provisional non mellorou as condicións de vida,e as persoas seguían a sufrir pola guerra e a pobreza.Os bolxeviques,liderados por Lenin,alzáronse contra o goberno e tomaron o poder en Petrogrado,prometendo acabar coa guerra,dar terra aos campesiños e mellorar as condicións de vida.Este golpe de Estado levou á creación do primeiro país socialista do mundo,transformando a historia.
  • Tratado de Brest-Litovsk

    Tratado de Brest-Litovsk
    O Tratado de Brest-Litovsk, asinado en marzo de 1918, puxo fin á participación de Rusia na Primeira Guerra Mundial. Tras a Revolución de Outubro, Lenin e os bolxeviques querían acabar coa guerra para centrarse na construcción do novo estado socialista. A cambio de paz, Rusia perdeu territorios como Polonia e os países bálticos, pero logrou a tranquilidade necesaria para reconstruírse.
  • Tratado de Versalles

    Tratado de Versalles
    O Tratado de Versalles, asinado en 1919, puxo fin á Primeira Guerra Mundial. Alemaña, a principal derrotada, foi obrigada a aceptar a responsabilidade pola guerra, pagar grandes indemnizacións e reducir o seu exército. As duras condicións do tratado xeneraron moito descontento en Alemaña e contribuíron á inestabilidade que levou á Segunda Guerra Mundial.
  • Sociedade de Nacións

    Sociedade de Nacións
    A Sociedade de Nacións foi creada despois da Primeira Guerra Mundial,en 1920,como parte do Tratado de Versalles,intentando promover a paz e a cooperación internacional.A súa misión era evitar futuros conflito e mellorar as condicións de vida no mundo.A pesar de bos intentos,a Sociedade non tivo suficiente poder para evitar que xurdiran rexímenes totalitarios e impedir a chegada da Segunda Guerra Mundia.A súa falta de eficacia levou á súa disolución en 1946,dando paso ás Nacións Unidas