-
711
A chegada dos musulmáns á península Ibérica
A conquista islámica de Hispania non tivo outra consecuencia en Galicia que facer desaparecer a estrutura política da monarquía visigoda na que se encontraba integrada. Non se constata nin un fenómeno de despoboación e de repoboación na Gallaecia altomedieval froito da invasión musulmá. -
740
Rebelión bereber
A rebelión bereber dos anos 740 y 741 trouxo coma consecuencia o abandono por parte das guarnicións bereberes de todas as suas posicións ao norte da Serra de Gredos. De este modo o sur de Galicia viuse libre do dominio musulmán. -
842
Gallaecia
Fica durante o s. VIII á marxe do control dos reinos veciños, mais
vaise ir integrando progresivamente no reino asturiano nos reinados de Ramiro I e, fundamentalmente, Ordoño I. Durante o s. X a nobreza galega terá un importante protagonismo político no reino. -
868
Condado Potucalense
Vímara Pérez, vasallo de Alfonso III, chegou ata Oporto (tomada en 868) sentando as bases do Condado Portucalense que mais tarde daría lugar a Portugal. -
890
A economía altomedieval galega
Caracterízase por unha agricultura moi primitiva e de baixos rendementos. -
890
A sociedade altomedieval galega
Caracterízase pola presenza do campesiñado coma o grupo maioritario, mais moi heteroxéneo, conservando a existencia de servos; así como a presenza dunha aristocracia laica e dunha nobreza eclesiástica na que se vai apoiar a monarquía para impulsar o seu poder. -
900
Santiago
A descuberta do sepulcro do Apóstolo vai converter a Santiago no referente espiritual e ideolóxico do reinos cristiáns peninsulares. -
1096
Reinado
Alfonso VI acordou: O Condado de Galicia, ao norte do río Miño, que pasa a mans de Raimundo de Borgoña, casado con Urraca de León (totius Gallecia imperatrix), e a Galicia do sur que pasa a manos de Teresa de León e Enrique de Borgoña, primo do anterior.