-
O domingo sanguento
Os soldados do tsar disparan contra a poboación que se manifestan polas malas condicións que estan vivindo en San Petersburgo. Esto desencadena a revolución de 1905. -
A revolución de 1905
A derrota provocou en Rusia un forte movemento social en demanda de reformas. Nel participaron os soviet, que anos máis tarde cobrarían especial relevo. O malestar serviu de detonante á Revolución de febreiro de 1905. -
Rusia na Primeira Guerra Mundial
Rusia unese a Primeira Guerra Mundial e esto causa enormes pérdidas e agrava as tensións internas. A deficiente preparación do seu exército, mal armado e organizado foi o causante de derrotas que lle conduciron a fortes perdas territoriais, materiais e humanas. Na retagarda o desabastecemento, o barullo na rede de transportes e a inflación crearon malestar. Estes feitos conduciron ao desprestixio do zarismo e favoreceron a unión da oposición burguesa e obreira fronte ao réxime. -
Revolución de Outubro
En outubro de 1917, Lenin e o partido bolxevique, acordan iniciar a insurrección armada.
Na noite de 24 ao 25, a garda vermella dirixida por Trotski, toma Petrogrado e o día 26, estes asaltaron o palacio de inverno e detiveron os membros do Goberno Provisional, agás a Kerenski que fuxiu. A Revolución bolxevique triunfara en Petrogrado e, a caída do Goberno provisional daba paso ao poder dos soviets.
O II Congreso dos Soviets de toda Rusia aprobou a creación do Consello de Comisarios do Pobo. -
Revolución de Febreiro
A revolución comezou tras a manifestación do 23 de febreiro en San Petersburgo. O 25 estalou unha folga xeral que se estendeu a outras cidades. O 27 de febreiro constituíuse un Goberno Provisional presidido por Luov con Kerenski como ministro de Guerra e Xustiza. Nicolás II abdicou o 3 de marzo e estableceuse unha República que puxo fin a dinastía. O Goberno Provisional, integrado por liberais burgueses e socialistas moderados, tomou as rendas do Estado. -
As primeiras medidas bolxeviques
Tras a toma do poder, Lenin e o Goberno bolxevique modificaron as estruturas políticas e económicas de Rusia, creando un novo réxime.
Seguindo as propostas esbozadas nas Teses de abril, executaronse diversas medidas,entre elas destacan:
-Os decretos de outubro de 1917. Destacaron: o decreto sobre a terra;o decreto sobre o control obreiro;decreto de nacionalización da banca e do comercio exterior.
-A retirada da Primeira Guerra Mundial.(8-3-1918)
-A fundación do Estado socialista soviético ruso. -
A Guerra Civil
As medidas tomadas polos bolxeviques provocou bastantes opositores ao novo réxime. O conxunto de forzas da oposición organizaron o Exército Branco contra os bolxevique, iniciándose a guerra civil en 1918. A organización por Trotski dun exército revolucionario fortemente disciplinado permitiu ao Goberno bolxevique lograr a vitoria en 1921e o estado pasou a controlar a economía. A guerra e a falta de alimentos ocasionou unha gran fame que causou millóns de mortos en 1921-1922 -
A Terceira Internacional
En 1919 fundouse en Moscova a Terceira Internacional. O seu obxectivo fundamental era o derrocamento definitivo do capitalismo no
mundo e estender a revolución comunista polo resto do mundo. Durante a celebración en 1920, establecéronse as 21 condicións esixibles para o ingreso na mesma de partidos ou asociacións obreiras. Desde ese momento o socialismo mundial dividiuse en: partidos socialistas e partidos comunistas. -
A NEP
O descontento co Goberno dos bolxeviques aumentou e as folgas estendéronse e adquiriron a máxima gravidade. Para evitar o descontento popular o Goberno de Lenin adoptou unha serie de medidas que se coñecen como a Nova Política Económica (NEP).
Esta nova política supoñía un retorno a unha economía de mercado. Admitiuse a propiedade privada no campo(pequenas industrias e comercios);Restableceuse a economía monetaria.
Como consecuencia destas medidas as condicións de vida na URSS melloraron. -
O nacemento da URSS
En decembro de 1922 as repúblicas soviéticas de Rusia, Bielorrusia, Ucraína e de Transcaucasia
(formada por Armenia, Xeorxia e Acerbaixán) uníronse formando a Unión de Repúblicas
Socialistas Soviéticas (URSS). -
A morte de Lenin
En 1922, Stalin foi nomeado secretario xeral do Comité central do Partido Comunista. A enfermidade de Lenin propiciou a aparición de rivalidades no seo do partido comunista para decidir quen debía sucederlle na dirección da URSS. Lenin decatouse da dificultade de optar por un dos dous posibles candidatos, Trotski ou Stalin, aínda que expresaba a súa preocupación polo poder que acumulara Stalin. Tras a morte de Lenin, en xaneiro de 1924, desatouse unha dura loita polo poder na URSS. -
A ditadura totalitaria estanlista
O culto á personalidade. Stalin gozou dun culto case sagrado na URSS durante o mandato do primeiro. O goberno de Stalin mantivo unha férrea censura, controlou a educación e a cultura, manipulou a información e empregou a propaganda. Para evitar as disidencias e consolidar o seu poder e o seu réxime, Stalin empregou o terror. Para gobernar a URSS, Stalin impuxo un modelo de poder centralizado e xerarquizado apoiado no PCUS . As súas bases quedaron recollidas na Constitución de 1936. -
A planificación económica
A planificación implica unha intervención total do Estado nos asuntos económicos, que
quedan así completamente socializados. Esta planificación organizouse a través de Plans
quinquenais que marcaban os obxectivos a conseguir nun prazo de tempo establecido (cinco
anos).
Os seus obxectivos básicos eran: colectivizar as estruturas agrarias e converter a URSS nunha
gran potencia industrial e militar, así como establecer a sociedade socialista.