Download

Monarquia dos austrias

  • Period: 1469 to 1512

    Tarefas que levaron a cabo os Reis Católicos

    Levaron a cabo o establecemento da Santa Irmandade, a cal vixiaba as rúas e os camiños. O nomeamento dos correxidores que eran os funcionarios que representaban os reis en cada municipio e encargábanse do correcto funcionamento das leis. O nomeamento de vicerreis, que eran as persoas designadas para representar os reis en cada un dos seus territorios. A organización dos terzos, un exercito formado por soldados de infantería, artillaría e cabalaría. E a creación do Santo Tribunal da Inquisición.
  • Period: 1469 to 1512

    Os Reis Católicos

    Os reis católicos foron os reis que reinaban no século XV, no momento que Colón partiu para descubrir América. Chamábanse Isabel I e Fernando II de Aragón. Levaban casados desde o ano 1469 e dez anos despois, no 1479, herdaron os seus reinos e uniron as dúas coroas, formando a primeira monarquía hispánica. Pouco a pouco foron ampliando territorio. Conquistaron Granda no ano 1492, as Illas Canarias en 1496 e o reino de Navarra en 1512. Ampliaron tamén o territorio fora de España.
  • Period: 1500 to

    A decadencia do Imperio español

    Foi principalmente polos seguintes factores: polo novo sistema comercial donde intercambiaban produtos por ouro e prata. Pola crise demográfica onde a poboación diminuiu debido as guerras e as enfermidades como a peste e a fame, provocada polas malas colleitas. Isto provocou a miseria e moitas persoas sen fogar. E a crise económica provocada polo aumento dos gastos. Ademáis os exércitos eran derrotados con máis frecuencia.
  • Period: 1516 to 1571

    O Imperio Español

    A dinastía dos Austrias comezou co reinado de Carlos I. Foi coroado en 1516 sen coñecer nin a lingua nin os costumes do país. Cando chegou a España non foi do agrado dos españois e isto causoulle dúas rebelións no ano 1520: o Levantamento das Comunidades en Castela e a Rebelión das Xermanías, en Valencia e Mallorca. Carloes I nomeou conselleiros españois. Logo producironce guerras contra Francia , contra os turcos e contra os protestantes alemáns.
  • Period: 1556 to

    En 1556 decidiu retirarse e cederlle o trono ao seu fillo Felipe II

    Felipe II conseguiu incorporar terras en América, Asia e África. E en 1581, converteuse no rei de Portugal. Solucionou o levantamento dos mouriscos en Granada e rematou coa expulsión destes. Tivo conflictos no extranxeiro. Na batalla de San Quintín, España venceu as tropas francesas e os turcos foron vencidos na batalla naval de Lepanto. Logo viuse envolto nunha gran guerra, en 1588, onde a chamada Armada Invencible española foi vencida.
  • Period: to

    O triunfo da monarquía absoluta

    O Imperio español foi gobernado por tres monarcas diferentes, o primeiro foi FelipeIII que reinou desde 1598 ata 1621. Un acontecemento importante no seu reinado foi a expulsión, dos mouriscos, desde o ano 1609 ata o 1613.O segundo foi FelipeIV durante o seu reinado tivo lugar a guerra dos Trinta Anos, entre católicos e protestantes.España foi derrotada e oerdeu os países baixos e outros territorios do continente europeo. O 3´ Carlos II herdou o trono con tan só 4 anos e morreu sen descendencia.