Linea Cronológica

By Brasas
  • DOMINGO SANGUENTO

    DOMINGO SANGUENTO
    O Domingo Sanguento ou Domingo Vermello foi unha matanza realizada pola Garda Imperial rusa contra manifestantes pacíficos, conducidos polo pai Gapon. Sucedeu en San Petersburgo o 22 de xaneiro de 1905 , día no que 200 000 traballadores se reuniron ás portas do Palacio de Inverno, residencia do Zar Nicolas II.
  • GUERRAS BALCÁNICAS

    GUERRAS BALCÁNICAS
    As Guerras dos Balcáns foron dúas guerras que ocorreron no sueste de Europa desde 1912 ata 1913. A primeira enfrontou ao Imperio Otomán coa chamada Liga dos Balcáns formada por Bulgaria, Montenegro, Grecia e Serbia. As pequenas nacións balcánicas conseguiron expulsar aos otománs de case todo o territorio peninsular, pero non puideron evitar loitar entre elas pola distribución das terras que lles foron arrebatadas, o que deu lugar á Segunda Guerra dos Balcáns.
  • Period: to

    1ª Guerra Mundial

    A primeira guerra mundial, tamén coñecida como a Gran Guerra, foi un conflito bélico de inicios do século XX. Desenvolveuse entre o verán do 1914 e o outono de 1918 e involucrou trinta países, polo que se considera o primeiro conflito belico mundial da historia, malia estar centrado, o total do número de mobilizados e sesenta e cinco millóns de soldados houbo vinte millóns de persoas entre soldados e civís, é o segundo maior enfrontamento armado, só por detrás da Segunda guerra mundial
  • REVOLUCIÓN DE FEBREIRO

    REVOLUCIÓN DE FEBREIRO
    A Revolución de Febreiro de 1917 no Imperio Ruso marcou a primeira etapa da Revolución Rusa de 1917. Provocou a abdicación do Zar Nicolás II, poñendo fin á monarquía rusa e formando un goberno provisional.
  • Period: to

    REVOLUCIÓN DE OUTUBRO

    A Revolución de Outubro foi a segunda fase da Revolución Rusa de 1917, que acabou co Zarismo e levou aos bolxeviques ao poder. Tamén provocou a guerra civil entre comunistas e contrarrevolucionarios, que rematou co nacemento da URSS.
  • TRTADO DE BREST-LITOVSK

    TRTADO DE BREST-LITOVSK
    O Tratado de Brest-Litovsk foi un tratado de paz asinado o 3 de marzo de 1918 na cidade bielorrusa de Brest-Litovsk entre o Imperio Alemán, Bulgaria, o Imperio Austrohúngaro, o Imperio Otomán e a Rusia Soviética.
  • SOCIEDADE DE NACIÓNS

    SOCIEDADE DE NACIÓNS
    A Sociedade de Nacións foi concibida ideoloxicamente no dicurso da primeira guerra mundial, cando líderes supremos comezaron a defender a necesidade dunha organización supraestatal responsáble de resolución de potenciais conflitos entre as distintas nacións.
  • TRATADO DE VERSALLES

    TRATADO DE VERSALLES
    O Tratado de Versalles foi un acordo de paz asinado ao final da Primeira Guerra Mundial por máis de 50 países, que puxo fin oficialmente ao estado de guerra entre Alemaña e os Aliados da Primeira Guerra Mundial.
  • Period: to

    II GUERRA MUNDIAL

    A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
  • ANSCHLUSS

    ANSCHLUSS
    Utilizouse para referirse á fusión de Austria e a Alemaña nazi na súa nación, ou o 12 de marzo de 1938 como unha provincia do Terceiro Reich. Esta situación durou ata o 5 de maio de 1945, cando os aliados ocuparon a provincia alemá de Ostmark. O goberno militar aliado rematou en 1955, cando se formou o novo Estado de Austria.
  • CONFERENCIA DE POSTDAM

    CONFERENCIA DE POSTDAM
    Stalin, Churchill e Truman (así como Clement Attlee, que sucedeu a Churchill tras gañar as eleccións de 1945) acordaran decidir como administrarían Alemaña, que se rendera incondicionalmente nove semanas antes, o 8 de maio. Os obxectivos da conferencia tamén incluían o establecemento dunha orde de posguerra, asuntos relacionados con tratados de paz e o estudo dos efectos da guerra.