-
5 BCE
Ábaco
O dispositivo de cálculo máis antigo que se coñece é o ábaco. Sábese que os gregos empregaban táboas para contar no século V a.C.
O uso do ábaco estendeuse por toda Europa ata a Idade Media, pero cando os árabes implantan
o sistema de numeración decimal o ábaco déixase de usar. -
Mecanismos de engranajes
Leonardo Da Vinci, foi quen trazou as ideas para unha calculadora mecánica. Despois, Blaise Pascal, inventou e construíu un mecanismo para realizar operacións
aritméticas. Foi a primeira calculadora o bastante
segura como para ser lanzada ó mercado.
No ano 1.671 o matemático Wilheim Leibnitz, deu un gran paso cara o perfeccionamento das máquinas calculadoras. Leibnitz creou unha máquina que podía sumar, restar,
multiplicar e dividir, utilizando os principios esbozados por Pascal. -
A primeira tarxeta perforada
O tear de tecido, inventado en 1801 polo Francés
Joseph-Marie Jackard, usado aínda na
actualidade, contrólase por medio de tarxetas
perforadas. As tarxetas perfóranse estratexicamente e
colócanse en secuencias para indicar un deseño de tecido
en particular. -
A máquina analítica de Babbage
Babbage deseñou unha máquina á que chamou "máquina analítica". Esta máquina mecánica formada por engrenaxes. Deseñouse para realizar operacións aritmética e enlazar varias operacións.
A máquina nunca chegou a terminarse, xa que Babbage non puido conseguir o financiamento
necesario. Algunhas persoas consideran a Lady Ada como a primeira programadora. Suxeriu a idea de que as tarxetas perforadas se puideran adaptar de xeito que permitiran que a calculadora de Babbage repetira certas operacións. -
Primeira xeración de ordenadores
ENIAC. Primeira computadora dixital electrónica na historia.
Tratábase dun enorme aparato que ocupaba todo un soto na universidade.
EDVAC. Von Neumann suxeriu que o sistema binario fora adoptado en todos
os ordenadores. Estas suxestións serviron de base
para os proxectos de ordenadores.
UNIVAC. Foi o primeiro ordenador comercial de gran escala. A entrada e saída de información era realizada por unha
cinta metálica, vendéronse 46 unidades. -
As calculadoras de relés: MARK I
En 1.944 construíuse na Universidade de Harvard a primeira calculadora universal, a cal
empregaba relés e elementos mecánicos. Esta calculadora recibiu o nome de Mark I e era o soño de
Babbage feito realidade: unha calculadora mecánica automatizada. O Mark I medía máis de 15 metros de lonxitude e 2,4 m de altura e contiña máis de 7.600 pezas
conectadas por uns 800 Km de cable. Este ordenador era máis rápido do que Babbage pensaba; tardaba
tres décimas de segundo en restar ou sumar 23 díxitos. -
Segunda xeración de ordenadores
A segunda xeración substituíu as válvulas de baleiro polos
transistores.
O descubrimento do transistor trae como consecuencia a diminución dos costos dos
ordenadores, a diminución de tamaño e rapidez. Por iso, as computadoras da segunda xeración son
máis pequenas e consumen menos electricidade que as anteriores. -
Procesador de datos con tarxetas perforadas
No ano 1.957, xorde a idea de automatizar o censo da poboación. O goberno dos Estados Unidos decide convocar un comité que se encargue da
realización de dito proceso. Presentáronse tres propostas, adxudicándose o traballo a Herman
Hollerith, o cal aplicou o principio das tarxetas
perforadas para o almacenamento de datos que xa
utilizara Babbage. Este sistema permitiu completar o
censo en tres anos. A compañía de tabulación de
maquinas fusionouse con outras compañías e formou al IBM. -
Terceira xeración de ordenadores
As computadoras da terceira xeración emerxeron co
desenvolvemento dos circuítos integrados.
aracterísticas:
Emprego de circuítos integrados.
Diminución considerable de tamaño e aumento da velocidade de execución.
Desenvolvemento dos sistemas operativos.
Desenvolvemento das comunicacións, interconexión de ordenadores en rede.
Gran desenvolvemento das linguaxes de programación como Cobol e Fortran e de Software en
xeral.
Emprego dos ordenadores en Universidades, Laboratorios e Empresas -
Cuarta xeración se ordenadores
O máis importante das contribucións da
cuarta xeración de computadoras, é o microprocesador, que permite
concentrar todos os circuítos básicos do ordenador nun solo circuíto
integrado.
Características:
O costo dos equipos de computación baixou considerablemente desde 1.975. Ó ir baixando o
costo do material de fabricación, o único costo que segue subindo é o do software.
Mellora da velocidade do proceso. -
Quinta-sexta xeración de ordenadores
A simplificación e miniaturización do ordenador, ademais do mellor desempeño e maior
capacidade de almacenamento.
O concepto de procesamento está indo cara os procesadores paralelos, ou sexa, a execución de
moitas operacións simultaneamente polas máquinas.
Son exemplos desta xeración de ordenadores, os microprocesadores que utiliza a liña de
procesadores de INTEL. Hoxe en día só quedaron dous fabricantes,
basicamente, no terreo dos microprocesadores para
computadoras, Intel e AMD. -
Internet
A rede de internet xurde dun proxecto, ARPANET,
desenvolto en 1969 en Estados Unidos.
En 1983 establécese o protocolo TCP/IP e a parte militar de ARPANET forma unha rede
independente. En este momento poderíase considerar o nacemento de INTERNET.
En 2004 xurde o concepto de web 2.0, para referirse a unha concepción da web orientada ós
servizos, as redes sociais e a participación dos usuarios como creadores de contidos. -
O futuro: o ordenador cuántico
Estase a traballar na construción de ordenadores cuánticos. Isto representa un gran paso en relación ó actual proceso de fabricación de “chips” de silicio que, segundo os especialistas, debería alcanzar o máximo da súa limitación física de procesamento de datos nos vindeiros 10 ou 20 anos.
Nos ordenadores tradicionais, todo funciona en base ós “bits”, fragmentos de información que
só teñen dous estados: aceso (cero) ou apagado (un).