-
Period: 250,000 BCE to 4000 BCE
Idade de Pedra
A Idade de Pedra é o primeiro período da prehistoria e caracterízase polo uso predominante de ferramentas de pedra. Exténdes dende 2.5 millóns de anos ata o 4000 a.C., co comezo da Idade dos Metais.
Está formada por tres etapas: Paleolítico, Mesolítico e Neolítico. -
Period: 249,999 BCE to 10,000 BCE
Paleolítico (Europa)
O Paleolitico é a primeira etapa da Idade de Pedra e exténdese dende hai 2,5 millóns de anos ata ao 10000 a.C. Este período caracterízase polo emprego de pedra tallada, o control do lume e a caza. -
88,000 BCE
Aparición do Homo Sapiens-Sapiens
O Homo Sapiens-Sapiens é a especie humana actual. Aparece en África fai aproximadamente 200000 anos para, máis tarde, dispersarse cara Erupa e Asia fai un 100000 anos. É a evolución do Homo erectus. -
36,000 BCE
Pinturas de Altamira
As pinturas de Altamira son unha clara manifestación da arte rupestre paleolítica. Foron descubertas en 1879 na cova de Altamira (Cantabria). As pinturas representan principalmente animais como bisontes, cervos, cabalos e xabaríns. Foron creadas con pigmentos minerais de cores a partir dos dedos e pinceis rudimentarios. -
28,000 BCE
Primeiros utensilios de cerámica
Os primeiros obxectos de cerámica datan do Paleolítico superior, cando o ser humano comezou a modelar coas súas mans para realizar pequenas figuras de divinidades maternais e de culto á fertilidade, como é o caso da Dolnñi Vestonice. Pese a todo, a cerámica converteuse máis común durante o neolítico. -
24,000 BCE
Venus de Willendorf
A Venus de Willendorf é unha estatuilla de arte prehistórico, datada entre o 28000 e 25000 a.C. Foi descuberta en Willendorf (Austria) e está esculpida en pedra caliza e tinguida de vermello. Mide 11 cm e representa a figura feminina con trazos esaxerados con motivos de fertilidade. -
Period: 10,000 BCE to 5000 BCE
Mesolítico (Europa)
O Mesolítico é un período da Prehisoria que se sitúa entre o Paleolítico e o Neolítico, entre o 10000 a.C e o 5000 a.C. Esta etapa caracterízase pola innovación en ferramentas (máis sofisticadas) como os microlitos, ou a aparición dos primeiros asentamentos semi-permanentes (ainda que moitos seguían a ser nómades), entre outros. -
Period: 7000 BCE to 4500 BCE
Neolítico (Europa)
O Neolítico é un período da Prehistoria que ten lugar dende o 7000 ao 4500 a.C. Esta etapa caracterízase por diversos cambios na vida humana marcando a transición de sociedades nómades de cazadores a comunidades agrícolas e sedentarias. -
5000 BCE
As primeiras rodas
A invención da roda supuxo un feito moi significativo na historia da humanidade. Orixinouse no antigo Oriente Próximo arredor do cuarto milenio. Orixinalmente, a roda non se utilizaba para o transporte, senón para a alfarería e eran simples discos de pedra cun burato no medio. Os sumerios xa empregaban a roda cara o 3500 a.C para o transporte. A roda máis antiga coñecida atopouse en Liubliana (Eslovenia) e ten 5200 anos. -
4500 BCE
Os primeiros muíños de pedra
A invención do muíño de pedra é un hito importante na historia da humanidade, no contexto de desenvolvemento da agricultura durante o Neolítico, entre o 6000 e 2000 a.C. Consistían en dúas pedras, unha encima doutra. A pedra superior movíase para triturar os grans contra a inferior. -
Period: 4500 BCE to 500 BCE
Idade dos Metais
A idade dos Metais é a última das etapas da prehistoria que comeza no 4500 a.C. e remata no 500 a.C. Durante este período o ser humano empezou a fabricar obxectos de metal fundido. A idade dos Metais divídese en tres etapas: a Idade de cobre, a idade de bronce e a idade de ferro. -
Period: 4500 BCE to 2500 BCE
Idade de Cobre (Europa)
A idade de Cobre ten lugar entre o 5000 e 3000 a.C. en rexións de Oriente Próximo, Europa e África. Nesta era comeza a traballarse o cobre. -
3800 BCE
Dolmen de Dombate
O Dolmen de Dombate é un dos monumentos megalíticos máis importantes de Galicia, coñecido como a "Catedral do Megalítismo". Esta situado na parroquia de Borneiro (Cabana de Bergantiños). Tratase dunha tumba colectiva de corredor, composta por unha cámara poligonal formada por grandes laxes verticais. No interior atopáronse gravados e pinturas da época neolítica. -
3500 BCE
Xurdimento da escritura
O xurdimento da escritura supón un antes e un despois e da lugar ao inicio da historia. As primeiras evidencias aparecen en Mesopotamia. Os sumerios desenvolveron a escritura cuneiforme para os rexistros económicos e administrativos. Tamén hai evidencias en Exipto (xeróglifos) e China (escritura en osos oraculares). -
Period: 3500 BCE to 1750 BCE
Civilización Sumeria
A sumeria, foi a primeiras das grandes civilizacións que xurdiron na historia. Aparece entre o 3500 a.C. e 1750 a.C. na zona da Mesopotamia, entre os ríos Tigirs e Éufrates. É coñecida pola invención dos primeiros sistemas de escritura cuneiformes, a súa organización en cidades-estado, e os avances na arquitectura como os templos escalonados. -
Period: 3500 BCE to 476
Idade Antiga
A Idade Antiga é un período de tempo que comprende dende o ano 3500 a.C., coa aparición da escritura, ata o 476 d.C., coa caída do Imperio Romano. Caracterízase por ser a etapa na que xorden as primeiras formas de organización política e social complexas. Así, destaca a presenza de grandes civilizacións coma a sumeria, a exipcia, a grega e a romana. -
Period: 3300 BCE to 332 BCE
Civilización Exipcia
A civilización exipcia é outra das grandes civilizacións da Idade Antiga, quizáis a máis recoñecida xunta coa romana. Estivo localizada no noreste africano ás beiras do río Nilo. É coñecida pola súa época de esplendor onde a súa organización política xiraba en torno á figura do faraón, á súa arquitectura arredor das grandes pirámides e templos dedicados aos deuses, ou a recolección da información a partir dos xeróglifos e pergamiños de papiro. -
3100 BCE
Stonehenge
Stonehenge é un dos monumentos megalíticos máis famosos do mundo, situado en Salibury, Inglaterra. A súa construción levouse a cabo entre o 3100 a.C. e o 1600 a.C. abarcando o final do Neolítico e comezos da Idade do Bronce. Consiste nun círculo de grandes pedras verticais coroadas por outras horizontais. Aínda que o seu propósito segue sendo un enigma, crese que puido ser utilizado para ceremonias relixiosas, enterramentos e observacións astronómicas. -
2700 BCE
Construción das pirámidades de Exipto
As pirámides de Exipto foron construídas durante o Reino Antigo (2600-2200 a.C), tendo como propósito servir de tumbas para os grandes faraóns. A forma na que estes monumentais edificios eran construídos continúa a ser un enigma. Aínda así creese que foron levantados por miles de traballadores que transportaron por rampas grandes pedras de tipo caliza. As pirámides están aliñadas cos puntos cardinais. Algunhas das máis coñecidas son a de Keops, Kefrén ou Micerino. -
Period: 2500 BCE to 1200 BCE
Idade de Bronce (Europa)
A idade de Bronce é un período marcado polo desenvolvemento da metalurxia do bronce (aleación de cobre con estaño). Comprende dende o 3300 a.C. ao 1200 a.C. no Próximo Oriente e en Europa. -
1800 BCE
Petroglifos de Mogor
Os Petroglifos de Magor, tamén coñecidos como Laberintos de Magor son unha mostra de arte rupestre datada entre o 1800 a.C. e o 800 a.C, que se localizan no concello de Marín, concretamente, en Magor. O motivo da representación dos mesmos é un misterio. Con todo, existen varias teorías: o culto aos mortos, un mapa dos territorios, unha forma de arte ritual... De todo o conxunto, destacan tres grabados principais: a Pedra do Laberinto, a Pedra dos Campiños e a Laxe dos Mouros. -
1600 BCE
Tesouro de Caldas de Reis
O Tesouro de Caldas de Reis foi un gran descubrimento arqueolóxico de Galicia en 1940, na zona de as Silgadas. O tesouro pertence á Idade de Bronce e é coñecido por ser a maior acomulación de ouro da prehistoria europea. Está composto por 41 pezas de ouro de gran pureza, cun peso de 15 kg, Inclúe aros, cuncas con asa, xerras e un peine. -
Period: 1200 BCE to 500 BCE
Idade de Ferro (Europa)
A Idade de Ferro corresponde ao I milenio a.C., época na que o continente entrou na hsitoria. O Ferro convértese nun material fundamental para a fabricación de ferramentos e armas. -
Period: 1199 BCE to 146 BCE
Civilización Grega
A civilización grega é quizáis a máis influinte da historia, xa que moitos dos seus avances e costumes foron adquiridos polos romanos e persistiron ata a actualidade. Asentáronse nas zonas da actual Grecia, Asia Menor, Sicilia, Chipre e as illas do mar Exeo. Foi coñecida por ser a primeria democracia e o desenvolvemento da filosofía, as matemáticas, as ciencias, e as artes. -
1000 BCE
Casco de leiro
O Casco de Leiro é un obxecto da Idade de Bronce atopado no ano 1976 na praia de O Rial (Rianxo). Está feito completamente de ouro cun peso de 270g mediante a técnica de fundido, repuxado e martilleado. Aínda que se lle chema casco, a súa función exacta é descoñecida. -
Period: 753 BCE to 476
Civilización romana
Os romanos son a última gran civilización da Idade Antiga. Xorde no 753 a.C. arredor da cidade de Roma, primeiro como monarquía, logo como república e, finalmente, como imperio con Augusto como emperador. Nesta última etapa, quizáis a máis recoñecida, expándese por parte de Europa, o norte de África e o Oriente Medio. -
599 BCE
A aparición da moeda
As primeiras moedas emítense no 600 a.C. en Lidia e nas cidades gregas da costa de Xonia. Estaban feitas dunha aleación entre ouro e prata. Xurdiron para facilitar o comercio como intercambio máis eficiente que o troque, e permitiron unha maior estabilidade nas transaccións económicas. Implican a expansión do comercio e o desenvolvemento das economías. -
508 BCE
A democracia ateniense
A democracia ateniense é coñecida por ser a primeira democracia do mundo. Xorde na Antiga Grecia no século VI a.C.. Na Ekklesia (Asamblea) todos os cidadáns varóns maiores de 18 anos (libres e nacidos en Atenas) discutían e votaban leis e políticas. Os temas a discutir eran escollidos polo Boule, un consello de 500 cidadáns seleccionados por sorteo. As mulleres, esclavos e estranxeiros estaban exentos.
Seria de gran inspiración para a democracia romana, na que esta baseada a de hoxe en día. -
300 BCE
Castro de Elviña
O Castro de Elviña é un poboamento fortificado, propio da cultura castexa do noroeste peninsular. Está situado na parroquia de Elviña (A Coruña). O castro está formado por varios recintos aterrazados e tres muralls. Ocupa un total de 4 hectáreas, sendo un dos castros máis grandes de Galicia. Foi excavaso entre 1947 e 1952 e, posteriormente, entre 1980 e 1985. -
218 BCE
Hispania Romana
Cara o 218 a.C. o imperio romano comeza a conquistar os territorios da Península Ibérica, a partir das chamadas Guerras Púnicas contra Cartago. O territorio da Península Ibérica, coñecido agora como Hispania, comeza un proceso de romanización e divídese en varias provincias: Tarraconense, Bética, Lusitania e Gallaecia. -
145 BCE
Castro de Borneiro
O Castro de Borneiro é un importante xacemento arqueolóxico situado en Borneiro (Cabana de Bergantiños). Trátase dun exemplo representativo da cultura castexa da Idade do Ferro. Está composto por un conxunto de 36 construcións, rodeada por un foso e dúas murallas defensivas. Foi descuberto en 1924 por Isidro Parga Pondal. -
1 CE
Construción da Torre de Hércules
A Torre de Hércules é un faro romano situado na cidade da Coruña e é o máis antigo en funcionamento do mundo. Foi construido entre finais do século I e principios do século II d.c, durante o cargo do emperador Trajano. A torre orixinal tiña unha base cuadrada e estaba elevada en tres pisos. A estrutura actual conta cunha restauración do século XVIII que angadiu 14 metros da altura orixinal. -
409
O Reino Suevo de Gallaecia
O Reino Suevo de Gallaecia é considerado o primeiro reino medieval da Europa occidental. Tras a caída do Imperio romano, os suevos, pobo xermánico, liderados polo rei Hermerico, aséntanse na provincia romana de Gallaecia e establece capital en Braga. No ano 585, o reino suevo é conquistado polo rei visigodo Leovigildo e incorporado ao reino visigodo de Toledo -
476
Caída do Imperio romano de occidente
A caída do Imperio romano, chamado de Occidente (tras a súa división no 395), marcou a fin da Idade Antiga e o inicio da Idade Media. Culmina no ano 476 coa morte do derradeiro emperador romano, Rómulo Augústulo, a mans do lider xermánico Odoacro. A desaparición do império débese, entre outras cousas, á crise política baseado en loitas internas, crise económica, as invasións bárbaras e a división do imperio. -
Period: 476 to 1492
Idade Media
A Idade Media exténdese dende a caída do Imperio Romano de Occidente no 476 ata o descubrimento de América en 1492. Este período caracterízase polo predominio do feudalismo, a sociedade estamental e o auxe da Igrexa Católica. A relixión é a principal fonte do coñecemento e saber. Está dividida en tres etapas: a temperá Idade Media, a Alta Idade Media e a Baixa idade Media. -
549
Hispania Visigoda
Os visigodos chegan á Hispania romana no 416 como aliados do Imperio romano para combater a outros pobos xermánicos, suevos e vándalos. Tras a caída do Imperio Romano no 476 e a derrota dos francos no 507, os visigodos trasládanse difinitivamente á Península Ibérica e forman reino propio con capital en Toledo. Serán expulsados completamente polos musulmáns no 725 -
Period: 711 to 1492
Al-Andalus
A invasión musulmá da Península Ibérica comeza no ano 711. Os musulmáns, liderados por Tariq ibn Ziyad, cruzaron o estreito de Xibraltar e derrotaron ao rei visigodo Rodrigo na batalla de Guadalete. En poucos anos os musulmáns ocupan a maior parte da península e establecen o emirato de Al-Ándalus, baixo o califato omeia. Os musulmáns serían expulsados co paso do tempo pola resistencia cristiá ata 1492 coa caída do reino nazarí de Granada. -
Period: 721 to Jan 2, 1490
A Reconquista
A reconquista constitúe un longo proceso histórico que tivo lugar na Península Ibérica co obxectivo de recuperar os territorios ocupados polos musulmáns dende o 711. Comeza na actual Aturias coa batalla de Covadonga e descende cara o sur da península ata consolidar os reinos cristiáns (León, Castilla, Navarra e Aragón). A fragmentación do Califato de Córdoba en taifas facilitou o seu avance e rematou coa conquista do Reino nazarí de Granada. -
Period: 1347 to 1351
A peste negra
A peste negra foi unha pandemia de peste bubónica que afectou a gran escala a Europa, Asia e África no século XIV. Tivo orixe en Asia e foi propagada a través das rutas comerciais pola falta de hixiene. A Peste negra supuxo a morte do 60% da poboación europea e causou unha gran crise económica e social. Tivo un gran impacto na mentalidade da época e fixo que aumentase a relixiosidade. -
May 29, 1453
Toma de Constantinopla
O Imperio Romano de Oriente, coñecido despois por Imperio Bizantino, desaparece en 1453 tras a toma de Cosntantinopla, capital, polos turcos otománs. Esta data é considerada por moitos coma o inicio da Idade Moderna. -
1469
Xurdimento de España
Tras a reconquista, en 1469, o matrimonio de Isabel I de Castilla e Fernando II de Aragón (Os Reis Católicos) da lugar á unión das coroas de Castilla e Aragón e marcan o inició de España. -
Period: 1492 to
Idade Moderna
A idade moderna é un período que vai dende 1453, coa caída de Constantinopla, ou 1492, co descubrimento de América, ata 1789 coa Revolución Francesa. É coñecida por ser a etapa da revolución científica e da ilustración, fronte a alienación da Idade Media. Tamén por ser a era da colonización e expansión de Europa. -
Oct 12, 1492
Descubrimento de América
O 12 de outubro de 1492, Cristobal Colón, baixo o patrocinio dos Reis Católicos de España, chega ao continente americano (As Bahamas) por casualidade, cando buscaba unha nova ruta cara Asia. O viaxe que emprendeu Colón durou dous meses de navegación e foi levado a cabo en tres barcos: a Niña, a Pinta e a Santa María. -
Period: 1521 to
Época colonial
A época colonial foi un período de expansión, motivada polo descubrimento de América, na que varias nacións como España, Portugal, Inglaterra e Francia explotaron, conquistaron e colonizaron territorios de América, África, Asia e Oceanía. -
1543
Teoría Heliocéntrica de Copernico
En 1543 Nicolás Copérnico revoluciona a astronomía ao situar o Sol no centro do universo, coa Terra e os demais planetas xirando ao seu arredor. Deste xeito, desafía a teoría xeocéntrica de Ptolomeo, vixente ata o momento, que fora defendido pola igrexa. Sentou as bases para os futuros traballos de Kepler e Galileo -
Period: to
Revolución Industrial
A Revolución Industrial foi un proceso histórico, xurdido en Inglaterra e, posteriormente, expandido a toda Europa e EEUU, que transformou a economía e a sociedade entre os séculos XVIII e XIX. Supuxo o paso dunha sociedade agraria a outra industrializada; a innovación tecnolóxica (máquina de vapor, mecanización da produción), crecemento da poboación, aexplotación dos recursos naturais (carbón, ferro) e o fomento do capital e comecio. -
Invención máquina de vapor
A invención da máquina de vapor supuxo un hito para a Revolució Industrial. Sería James Watt quen idearía esta invención tras engadir melloras á máquina de Thomas Newcomen (1712). -
Declaración de Independecia dos EEUU
A Declaración de Independencia dos Estados Unidos é un documento que proclamou a separación das trece coloncias norteamericanas que conquistara Gran Bretaña. Estivo motivada debido ao descontento, trato inxusto e impostos por Gran Bretaña. Foi redactado por Thomas Jefferson, Jhon Adams e Benjamin Franklin. -
Revolución de 1789
A Revolución Francesa foi un período histórico, caracterizada pola revolta social contra a elite, que transformou profundamente Francia e Europa entre 1789 e 1799. Estivo motivada polas desigualdades sociais do Antigo Réximen, a crise económica, e a difusión das ideas ilustradas (liberdade, igualdade e fraternidade). -
Period: to
Revolución Francesa
A Revolución Francesa foi un período histórico, caracterizada pola revolta social contra a elite, que transformou profundamente Francia e Europa entre 1789 e 1799. Estivo motivada polas desigualdades sociais do Antigo Réximen, a crise económica, e a difusión das ideas ilustradas (liberdade, igualdade e fraternidade). -
Period: to
Idade Contemporánea
A Idade Contemporánea é un período histórico que abarca dende o Inicio de Revolución Francesa ata a actualidade. Estivo marcada por etapas como a xa mencionada Revolución Francesa, a Revolución Industrial, a primeria e segunda Guerra Mundial e a Guerra Fría, entre outros. -
Invención da locomotora
En 1804, Richard Trevithick, enxeñeiro británico contrúe a primeira locomotora a vapor. -
Invención do teléfono
Antonio Meucci, inventor italiano, creou a primeiro teléfono en 1854 para comunicarse coa súa esposa enferma dende a oficina na planta baixa da súa casa. -
Invención Televisión
Os primeiros conceptos de televisión nacen en 1884 da man de Paul Nipkow, quen inventou un dispositivo mecánico que podía escanear imaxes e transmitilas. A televisión mecánica chegaría en 1925 co inventor escocés John Logie Baird. Finalmente a televisión electrónica nacería na década de 1930 con Farnsworth e zvorykin. -
Invención da radio
A invención da radio supón un proceso histórico que inicia coa Teoría das ondas electromagnéticas de James Clerk (1860), que sentou as bases para a transmisión de señais de radio. As primeiras transmisións serían levadas a cabo en 1894 por Oliver Lodge de xeito privado. En 1906, Reginald Fessenden realizou a primeira transmisión de radio para o público, incluído música e voz. -
Period: to
A Gran Guerra
A Primeria Guerra Mundial, tamén coñecida como a Gran Guerra (1914-1918), foi un conflicto bélico global motivada pola asasinato do Archiduque Francisco Fernando, herdeiro do trono haustrohúngaro; as Alianzas Militares e o Imperialismo. Caracterizouse polas frontes de batalla, a guerra de trincheiras e a participación global (Europa, Norteamérica, colonias e territorias de África, Ásia e o Pacífico). Remata co Tratado de Versalles, impoñendo duras sancións a Alemaña. -
Invención do Ordenador
En 1938, Konrad Zuse crea o primeiro ordenador mecánico, o Z1. Posteriormente, en 1946, John w. Mauchily e J. Presper desenvolverían o ENIAC, o primeiro ordenador electrónico. -
Period: to
A Segunda Guerra Mundial
A segunda Guerra Mundial foi un conflicto globar que tivo lugar entre 1939 e 1945, involucrando á maioría das nacións do mundo. Tivo como causas as duras condicións impostas a Alemaña no Tratado de Versalles, a expansión das potencias de eixo (Alemaña, Italia, Xapón) e a política de apaciguamento. As súas consecuencias foton a derrota das potencias do eixo, a creación da ONU e a Guerra Fría. -
Period: to
Guerra Fría
A Guerra Fría foi un período de tensión política, económico, social e militar entre dous bloques de países liderados polos Estados Unidos e a Unión Soviética, que se estendeu dende o final da Segunda Guerra Mundial en 1945 ata a disolución da URSS en 1991. Confrontábanse dúas ideoloxías: o capitalismo e o comunismo. -
Chegada á Lúa
A chegada á Lúa é un dos eventos máis destacados na historia da exploración espacial. O Apolo 11, a nave espacial que chegou ata alá, despegou dende Florida impulsada polo cohete Saturno V. A súa tripulación estivo conformada por Neil Armstrong, Buzz Aldrin e Michael Collins. Armstrong foi o primeiro en pisar a superficie da Lúa, pronunciando a frase: "É un pequeno paso para o home, pero un gran salto para a humanidade. -
Caída do Muro de Berlín
A caida do Muro de Berlín fou un evento histórico que marcou o fin da Guerra Fría e a reunificación de Alemania. Dende 1961 Berlín estaba dividida en dúas por un muro que separaba a República Federal de Alemania (RFA) e a República Democrática Alemana (RDA). A tirada do muro, alentada polas crecenes protestas na Alemaña Oriental ante a crise da URSS, consensuouse debido a un erro nunha cunferencia de prensa.