Images

Idade moderna

By Saúlcb
  • Period: 1469 to 1504

    O reinado dos Reis Católicos

    Estes reis uniron as coroas de Castela e Aragón, que desde entón tiveron o mesmo rei, aínda que cada un conservou as súas leis. Crearon unha monarquía autoritaria e buscaron aliados creando vínculos de parentesco coas restantes monarquías europeas, casando aos seus fillos cos principais membros das casas reais.
  • 1492

    O descubrimento de América

    O descubrimento de América
    Este feito marca o comezo da idade moderna en España no Reinado dos Reis católicos.
    Cristobal Colon descubriu América en grande parte gracias a os avances que se fixeron na navegación e a novos inventos coma o astrolabio e o compás.
  • 1492

    O renacemento

    O renacemento
    Este novo enfoque humanista nas artes plásticas, a literatura ou a ciencia, recibe o impulso transcendental neste ano por varios acontecementos históricos sucesivos como a chegada da imprenta a Castilla, publicación do primeiro libro impreso ou o descubrimento de América.
    O renacer da cultura clásica grega e romana (de aí o nome de Renacemento), a aplicación na arte da xeometría, as matemáticas ou as ciencias en xeneral son algunhas das características de esta nova maneira de entender o mundo.
  • Period: 1500 to

    Século XVl O Reino dos Austrias

    Os monarcas deste século consolidaron a monarquía autoritaria, gobernaron un extenso imperio e
    impuxeron a hexemonía hispana en Europa. Durante os seus reinados viviuse unha etapa de
    prosperidade demográfica, económica, cultural e artística.
  • Period: 1516 to 1556

    Carlos l

    Carlos l convertese en Príncipe dos Países Baixos ao morrer o seu pai e coa morte de seu avó Fernando II (1516) herdou as coroas de Castela e Aragón. Foi tamén rei de Sicilia desde 1516 a 1556, baixo o nome de Carlos IV, e nomeado Emperador de Alemaña en 1519.
    Durante o seu reinado tivo que afrontar as revoltas dos comuneros e as Germanías que sufocou na batalla de Villalar.
  • Period: 1556 to

    Felipe ll

    O seu reinado caracterizouse pola exploración global e a expansión territorial a través dos océanos Atlántico e Pacífico. Con Felipe II, a monarquía española chegou a ser a primeira potencia de Europa e o Imperio español alcanzou o seu apoxeo. Por primeira vez na historia, un imperio integraba territorios de tódolos continentes habitados.
  • Period: to

    Século XVll Reino dos Austrias Menores

    Este século estivo fortemente marcado por grandes crises e transformacións que o converteron nunha época de retroceso en Europa, xa que a evolución global da economía e a poboación foi negativa e a produción agraria padeceu sucesivas crises. Isto causou moita fame que dou pe a aparición de epidemias e pestes, causas dunha serie de guerras como a dos Trinta Anos.
  • O Barroco

    O Barroco
    O Barroco foi un período que abrangue dende o século XVII ata principios do XVIII e marcou un cambio na maneira de concibir a arte. Tivo impacto en numerosas áreas da cultura e o saber como as artes e as letras. Caracterizouse pola ornamentación sobrecargada, a expresión exaxerada, a exuberancia, o detalle elaborado, a pompa eo contraste. Xurdiu nunha época de tensións tras a reforma protestante, a contrarreforma e o auxe das monarquías absolutistas, a partir del século XVII, tras o Renacemento.
  • Period: to

    Felipe lll

    Considerado o primeiro dos Austrias menores, porén durante o seu reinado España incorporou algúns territorios no norte de África e Italia, alcanzou niveis de esplendor cultural. A enorme expansión do Imperio e os años de paz que se deron na Europa de comezos do século XVll, permitiron que España exercitara a súa hexemonía sen guerras
    Nada mais acede ao trono o monarca deixou exercer o poder a o seu valido Francisco de Sandoval, marqués de Denia, nomeado en 1599 duque de Lerma.
  • Period: to

    Felipe lV

    Debido a súa inexperiencia delegou no seu valido o Conde Duque de Olivares, que pretendeu levar a cabo unha política reformista capaz de estimular o desenvolvemento económico de Castilla e paliar as deudas da Real Facenda. No obstante, o plan de maior alcance foi o coñecido como proxecto da “Unión de Armas” de 1624, este plan xerou reticencias en Portugal, Aragón, Cataluña e Valencia, e foi cesado en 1643 e os seus sucesores foron o Conde de Castrillo e o Duque de Medina das Torres.
  • Period: to

    Carlos ll

    A pésima situación económica e a crise política e social herdadas do reinado do seu pai Felipe IV unida a la ineficacia e incapacidade dos gobernantes acrecentaron a crítica situación de España, e en nada contribuirán a mellorar esta situación os validos encargados do goberno, só o Conde de Oropesa realizou unha política firme de redución de impostos e contención do gasto público. Durante este reinado tiveron lugar dúas guerras contra Francia.
  • A Ilustración

    A Ilustración
    Foi un movemento intelectual do século XVIII protagonizado por pensadores que exercían o pensamento crítico. Os ilustrados confiaban na razón e a ciencia para alcanzar o coñecemento e favorecer o progreso económico e la felicidade pública.
    Tivo distintas etapas e recibiu o impulso de Carlos III, quen personificou o “despotismo ilustrado”
    Durante os años da Ilustración en España fundaron academias, crearon e renovaron institucións educativas e promocionaron actividades científicas.
  • Period: to

    SéculoXVlll Século das Luces

    Tras o caos político e militar vivido no século XVll, o século XVlll, verá un notable desenvolvemento nas artes e as ciencias da man da Ilustración, un movemento cultural caracterizado por la reafirmación do poder da razón humana fronte a fe e a superstición. As antigas estruturas sociais, baseadas no feudalismo e a vasalaxe, serán cuestionadas e acabarán por colapsar ao tempo que en Inglaterra, se inicia a Revolución Industrial.
  • Period: to

    Felipe V

    Foi o primeiro rei Borbón de España, coincidiu coa primeira guerra civil, a guerra de Sucesión. Foi un conflito que durou cerca de dez anos e coa paz de 1714, España perdeu a meirande parte do seu imperio europeo. Despois da paz de 1714, España fíxose máis rica. Os ingresos do goberno aumentaron de modo extraordinario e gracias a estes cartos creouse un exército e unha armada permanentes.
  • Period: to

    Fernando Vl

    O seu reinado caracterizouse pola neutralidade e o mantemento de paz. En política deixou facer a os seus ministros: o Marques da Ensenada e a José de Carvajal e Lancaster. A diplomacia española estivo en mans de Ricardo Wall.
    Impulsou a construción naval da Armada, a construción de camiños, canais e portos, e o comercio americano.
    Durante este reinado doulle un grande impulso a política cultural, que levou a fundación da Academia de Belas Artes de San Fernando en 1752.
  • Period: to

    Carlos lll

    Máximo representante do Reformismo Ilustrado, o seu reinado caracterizouse polo desenvolvemento da arte e da prosperidade económica.
    Firmou o terceiro Pacto de Familia con Francia, impulsou as manufacturas reais, expulsou a Compañía de Xesús en 1767, o motín de Esquilache, a reforma das forzas armadas, a unificación fiscal e outras reformas emprendidas polo rei axudaron a o progreso do país.
  • Period: to

    Carlos lV

    A súa subida a o trono coincidiu co estalido da Revolución Francesa, estes feitos do país veciño condicionaron a política exterior e interior de España.
    Florida Blanca e o Conde Aranda como ministros do rei marcaron a política española ata a chegada de Godoy en 1793 que supuxo a alianza con Francia fronte a Inglaterra. o motín de Aranxuez produciu un contexto de dificultade extrema; España ocupada por tropas francesas, crise etc.