Revolucion francesa

Idade Contemporánea

  • Revolución Francesa

    Revolución Francesa
    Dise que a era moderna comezou en 1789 coa Revolución Francesa. O evento marcou cambios fundamentais nas estruturas políticas e sociais, promoveu as ideas de liberdade, igualdade e dereitos humanos e sentou as bases para os movementos democráticos que xurdiron en todo o mundo. Aquí podedes ver un pequeno resumo deste acontecemento histórico: https://www.youtube.com/watch?v=2U9WE3me1hM
  • Revolución Industrial

    Revolución Industrial
    Antes do fenómeno da Revolución Francesa, en 1760 comezara un proceso importantísmo en Gran Bretaña. Isto xa que era un país con abundantes materiais e un goberno estable. O que aconteceu foi o paso de economías agrarias por unha economía centrada na industria centrada na utilización do carbón (máquina de vapor) e no textil. O proceso tivo seu auxe entre 1760 e 1840 onde países como Francia, Alemania e máis tarde Estados Unidos se uniron. https://www.youtube.com/watch?v=tRiZ1pUWwrg
  • Primeira Guerra Mundial

    Primeira Guerra Mundial
    A Primeira Guerra Mundial (1914-1918) foi un conflito global que involucrou as principais potencias mundiais, divididas en dúas alianzas:
    - A Triple Entente (Francia, Gran Bretaña e Rusia)
    - Potencias Centrais (Alemaña, Austria-Hungría e o Imperio Otomán). A causa principal foi o asasinato do archiduque Francisco Fernando de Austria, ademais das rivalidades coloniais. Foi unha gran guerra de trincheiras donde morreron 10 Millóns de persoas. https://www.youtube.com/watch?v=Vbu6tH0Hc-o&t=3s
  • Tratado de Versalles

    Tratado de Versalles
    Foi o acordo de paz que finalizou coa 1ª Guerra Mundial. Neste acordo impuxéronse sancións moi fortes a Alemania e retiráronselle territorios. Con el naceron novas nacións como Polonia, Finlandia, Yugoslavia e Checoeslovaquia. Alemania quedou moi dolida por estas medidas que considerou abusivas. Así que esta foi unha das razóns para iniciar máis tarde a 2ª Guerra Mundial.
  • Guerra Civil Española

    Guerra Civil Española
    Foi un conflito que tivo lugar desde 1936 ata 1939. Todo empezou cando un grupo de militares liderados por Francisco Franco rebeláronse contra o goberno democrático da Segunda República. O país está dividido en dúas faccións: os republicanos que queren manter o goberno e os nacionalistas liderados por Franco. En 1939 Franco e os nacionalistas gañaron a guerra. Franco converteuse en ditador e gobernou España ata a súa morte en 1975. https://www.youtube.com/watch?v=yj9N9DTtdas&t=264s
  • 2ª Guerra Mundial

    2ª Guerra Mundial
    A Segunda Guerra Mundial comezou cando Alemaña invadiu Polonia. Esto foi parte dos plans de Adolf Hitler para expandir o seu territorio e establecer un réxime totalitario. Neste conflicto houbo dous grandes bandos:
    -Potencias do Eixo (Alemaña, Italia e Xapón)
    -Potencias Aliadas (Francia, Gran Bretaña, EE.UU, etc.) O conflicto deixou millóns de mortos en procesos como o Holocausto (persecución dos xudeus) ou tras as bombas atómicas lanzadas en Xapón.
    https://www.youtube.com/watch?v=yr3O0_KbZes
  • Guerra Fría

    Guerra Fría
    Foi un período de tensión entre as dúas superpotencias, Estados Unidos e a Unión Soviética, ata o colapso da Unión Soviética en 1991. EE.UU defendeu a democracia e o capitalismo, mentres que a URS promoveu o comunismo. Un dos momentos máis famosos da Guerra Fría foi a carreira espacia. En 1969, Estados Unidos levou con éxito astronautas á Lúa. Houbo conflitos noutras partes do mundo, como Corea e Vietnam, onde cada un estaba nun bando diferente. https://www.youtube.com/watch?v=_ASkXx04LqQ
  • Movemento polos dereitos civís (50-60)

    Movemento polos dereitos civís (50-60)
    Foi unha loita pola igualdade e a xustiza para os afroamericanos nos Estados Unidos. Eventos principais: -Rosa Parks foi arrestada por negarse a ceder o seu asento nun autobús. -Martin Luther King, Jr: Promoveu a resistencia non violenta. -A Lei de Dereitos Civís (1964) e a Lei de Dereito ao Voto (1965) prohiben a discriminación e garanten o dereito ao voto. https://www.youtube.com/watch?v=GCX0SbslKDk https://www.youtube.com/watch?v=cUnbpdF8BDY
  • Constitución española

    Constitución española
    A constitución redactuse nun contexto de transición tras a morte de Franco. En ela podemos ver redactados os dereitos e deberes de todos os cidadáns, a organización do Estado e o funcionamento das institucións. 3 principios:
    -Soberanía Nacional: o poder reside no pobo (vota).
    -División de poderes: executivo, lexislativo e xudicial para evitar abusos.
    -Autonomía: recoñecemento das comunidades autónomas, https://www.youtube.com/watch?v=n4cXmhb2SuA
  • Glovalización

    Glovalización
    Avances no transporte: mellores barcos e avións facilitan o comercio e viaxes. Avances en tecnoloxía: invención da internet e teléfono permitiu a comunicación instantánea. Acordos comerciais: os países asinan acordos para reducir os impostos sobre os bens importados. Corporación Multinacional: empresas expándense a outros países e instalan fábricas/oficinas. Apertura política: eliminación de barreiras, como o fin da Guerra Fría Intercambio de ideas, tradicións e produtos entre culturas.
  • Atentados do 11 de Setembro de 2001

    Atentados do 11 de Setembro de 2001
    O 11 de setembro, un grupo secuestrou 4 avións en Estados Unidos. Dous dos avións estreláronse contra as Torres Xemelgas de Nova York. O impacto provocou que estalasen en chamas, e que ambos edificios se derrumbasen. O terceiro avión estrelouse contra o Pentágono, un edificio preto de Washington, DC onde ten a súa base o exército. Un cuarto avión iba correr o mesmo destino pero os pasaxeiros conseguiron que non se estrelase contra unha poboación. https://www.youtube.com/watch?v=1ie00eoNY7w
  • Crisis económica do 2008

    Crisis económica do 2008
    Préstamos de alto risco: Os bancos prestan diñeiro a persoas que non poden pagar. Moitas destas perderon os fogares. Aumento dos prezos: pensase que os prezos da vivenda aumentarán, compran moitas casas, pero cando os prezos baixan moita xente queda sen cartos. Quebra importante: o banco Lehman Brothers, declarase en quebra. Isto asustou a moita xente e aos bancos. Recesión económica: as persoas perden os empregos e pechan empresas. Axudas: o Estado da grandes sumas a bancos e empresas.
  • Conflictos actuais

    Conflictos actuais
    Na actualidade estamos inmersos en dous grandes conflictos que posiblemente conozades. A guerra entre ucrania e Rusia e entre Israel e Palestina en Gaza.