Rev rusa

LA REVOLUCIÓN RUSA

By iagofc
  • Revolución de 1905

    Revolución de 1905
    O feito que desencadeou o proceso revolucionario ocorreu o 9 de xaneiro de 1905, cando un xentío desarmado, composto por obreiros, campesiños, mulleres e nenos, encamiñouse cara ao Palacio de Inverno, residencia do Tsar en San Petersburgo. Pretendía facerlle chegar unha serie de peticións. Por resposta obtiveron unha violenta represión que se saldou con máis de mil manifestantes mortos. Este acontecemento pasou á historia co nome de "Domingo Sanguento".
  • Revolución de febreiro

    Revolución de febreiro
    En febreiro de 1917 produciuse a abdicación do tsar, que era incapaz de controlar a situación, e estableceuse en Rusia unha República que puxo fin á dinastía Romanov.
    Constituíuse un Goberno Provisional presidido polo príncipe Luov con Kerensky como ministro de Guerra e de Xustiza.
    O Goberno Provisional, integrado por liberais burgueses e socialistas moderados, tomou as rendas do Estado. Tentou gobernar desde premisas politicamente moderadas e facer de Rusia un país democrático.
  • Revolución de outubro

    Revolución de outubro
    Lenin e o Comité central do partido bolxevique, planearon unha insurrección armada contra o goberno de Kerensky.
    A caída do Goberno Provisional consumouse tras o “Asalto ao Palacio de Inverno” en San Petersburgo o 25 de outubro de 1917. Todos os seus compoñentes foron detidos, salvo Kerensky, que logrou fuxir. Tras o triunfo da Revolución bolxevique, constituíuse un Consello de Comisarios do Pobo, formado por bolxeviques e presidido por Lenin, que substituíu ao goberno derrocado.
  • Period: to

    Guerra civil

    Neste conflito enfrontáronse o exército branco (forzas opositoras) e o exército vermello (bolxeviques), creado por Troski. Os bolxeviques gañaron no 1921 e lograron facerse co dominio de gran parte de Rusia no 1922.
    Paralelamente, o Goberno bolxevique levou a cabo o comunismo de guerra, basado nun control estatal sobre todos os sectores económicos. Estas medidas resultaron un fracaso no plano económico e tivo consecuencias horribles como a gran fame (1921-1922), a cal causou millóns de mortos.
  • A Terceira Internacional

    A Terceira Internacional
    Lenin anunciara nas Teses de abril a necesidade de organizar unha nova Internacional. Pola súa iniciativa, en 1919 fundouse en Moscova a Terceira Internacional (Internacional Comunista), co obxectivo de derrocar o capitalismo e extender a revolución rusa polo mundo.
    Durante a celebración do seu II Congreso, establecéronse as 21 condicións para unirse. No 1920, fundáronse partidos comunistas por todo o mundo e dividiuse o socialismo en partidos socialistas (socialdemocracia) e partidos comunistas
  • Period: to

    A Nova Política Económica

    A NEP tratou de reverter a crise na que se atopaba sumida Rusia por mor da guerra civil. Conseguiu unha gran revitalización económica, fundamentalmente no campo agrícola. Ademais, incrementou o nivel de vida da poboación e permitiu implementar un ambicioso plan de mellora das infraestruturas e a industria. A NEP sobreviviu a Lenin e continuou a súa andaina durante o mandato de Stalin, ata que este decidiu poñerlle fin en 1928.
  • Creación da URSS

    Creación da URSS
    A URSS estableceuse en decembro de 1922 como unha unión de repúblicas socialistas soviéticas integrada por Rusia, Ucraína, Bieolorusia e Transcaucasia, con capital en Moscova.
    Tratábase dun Estado plurinacional e multiétnico que equivalía practicamente á extensión do antigo Imperio dos tsares.
    Estaba rexida por un só partido (PCUS), establecido en cada unha das repúblicas. Ata 1945 a URSS constituíu o único estado comunista do mundo.