Carlos ii

A CRISE DA MONARQUÍA HISPÁNICA: XVII

  • Period: to

    Felipe III

  • Paz con Inglaterra

    Paz con Inglaterra
    Acordo de suspensión de hostilidades entre España e Inglaterra (agosto 1604), asinado tras a coroación de Jacobo I Estuardo, sucesor da raíña Isabel.
  • Period: to

    Felipe IV

  • Expulsión dos mouriscos

    Expulsión dos mouriscos
    O 9 abril de 1609, Felipe III tomou a decisión de expulsalos. A operación preparouse co máximo secreto e levou a cabo por etapas (sacar do país a preto de 300.000 persoas era un problema moi difícil cos medios de transporte da época), aínda que con rapidez, para eludir o perigo dunha sublevación xeral.
  • Inicio da Tregua Dos Doce Anos

    Inicio da Tregua Dos Doce Anos
    Tregua asinada en Anveres o 9 de abril de 1609 polos archiduques Isabel Clara Eugenia e Alberto, autorizados por Felipe III, e as Provincias Unidas, durante o transcurso da guerra de Flandes.
  • Inicio da Guerra Dos Trinta Anos

    Inicio da Guerra Dos Trinta Anos
    Iniciouse en 1618 coa rebelión dos protestantes checos contra o futuro emperador alemán
    Fernando II (católico), que pediu axuda ao seu parente español, Felipe III e aos príncipes católicos
    alemáns. Venceron as tropas imperiais.
  • Fin da Tregua Dos Doce Anos

    Fin da Tregua Dos Doce Anos
  • Unión de Armas

    Unión de Armas
    Por iniciativa do seu valido Olivares, Felipe IV intentou eliminar os privilexios forais dos distintos
    reinos que formaban a Monarquía. Este proxecto foi coñecido como Unión de Armas (1624) e
    pretendía establecer en todos os territorios peninsulares as leis de Castela e crear un exército
    permanente no que participasen todos os reinos. Foi rexeitado nos territorios que gozaban de
    privilexios forais e non se levou a cabo.
  • Crise de 1640

    Crise de 1640
    A participación de España na Guerra dos Trinta Anos, incrementou a necesidade de homes e
    diñeiro e desembocou na crise de 1640,
  • Fin da Guerra dos Trinta Anos

    Fin da Guerra dos Trinta Anos
  • Paz de Westfalia

    Paz de Westfalia
    A Guerra Dos Trinta Anos rematou coa Paz de Westfalia (1648) que para España significou a fin da súa hexemonía
    en Europa.
  • Paz dos Pirineos

    Paz dos Pirineos
    A loita de España contra Francia prolongouse ata a Paz dos Pirineos (1659) que significou a
    entrega aos franceses de parte de Flandres, do Rosellón e parte da Cerdaña. Francia convértese
    no país hexemónico en Europa.
  • Period: to

    Carlos II

  • Independización de Portugal

    Independización de Portugal
    A independencia orixinou un longo período de guerras contra Castela, en xeral combates de pouca envergadura. Coa Restauración, a Coroa aumentou o control sobre as colonias e creou compañías comerciais privilexiadas, ás que cedeu o monopolio de diversos produtos. Tras a ruptura con España, Portugal tentou establecer acordos coas potencias europeas inimigas dos Austria.
  • Inicio da Guerra de Sucesión

    Inicio da Guerra de Sucesión
    Conflito que opuxo a Francia e ás rexións da Coroa de Castela, que apoiaban aos Borbóns, contra unha coalición europea e os reinos da Coroa de Aragón, partidarios da candidatura ao trono español do archiduque Carlos de Austria (1701-1715).
  • Fin da Guerra de Sucesión

    Fin da Guerra de Sucesión