-
Period: to
Felipe III
-
Expulsión dos Mouriscos
Aos descendentes dos musulmáns peninsulares déuselles o nome de moriscos. Foron expulsados por Felipe III a comezos do século XVII.
O 9 abril de 1609, Felipe III tomou a decisión de expulsalos. A operación preparouse co máximo secreto e levou a cabo por etapas (sacar do país a preto de 300.000 persoas era un problema moi difícil cos medios de transporte da época), aínda que con rapidez, para eludir o perigo dunha sublevación xeral. -
Inicio da Tregua dos Doce Anos coas provincias unidas
Foi un tratado de paz entre España e as provincias unidas dos Paises Baixos -
Inicio da Guerra dos Trinta Anos
foi unha guerra europea librada principalmente na Europa na que interviñeron a maioría das grandes potencias europeas da época. Esta guerra marcou o futuro conxunto de Europa nos siglos posteriores. -
Period: to
Felipe IV
-
Unión de Armas
e pretendía establecer en todos os territorios peninsulares as leis de Castela e crear un exército
permanente no que participasen todos os reinos. Foi rexeitado nos territorios que gozaban de
privilexios forais e non se levou a cabo. -
Fin da Tregua dos Doce Anos
as duas potencias non lograrían poñerse de acordo para prorrogar a tregua, co que a guerra continuaría. -
Crise de 1640
A participación de España na Guerra dos Trinta Anos, incrementou a necesidade de homes e
diñeiro e desembocou na crise de 1640, con levantamentos en Cataluña que foi dominada en
1652 e en Portugal, que se independizou (1668). -
Fin da Guerra dos Trinta Anos
A guerra rematou coa Paz de Westfalia que para España significou a fin da súa hexemonía en Europa.
Consecuencias: España tivo que recoñecer a independencia das Provincias Unidas dos Países
Baixos (Holanda); a Confederación Helvética (Suíza) e Austria sepáranse do Imperio, recoñécese o
principio de tolerancia relixiosa en Europa, o Imperio alemán fragméntase. -
Paz dos Pirineos
que significou a entrega aos franceses de parte de Flandres, do Rosellón e parte da Cerdaña. Francia convértese no país hexemónico en Europa. -
Period: to
Carlos II
O último Austria, Carlos II representou o final da dinastía dos Habsburgo españois pola súa incapacidade, pola corrupción e pola grave crise económica e política. A súa morte sen descendencia produciu un conflito sucesorio, a guerra de sucesión, entre os candidatos á Coroa española. -
Period: to
Guerra de Sucesión
entre os candidatos á Coroa española: Carlos de Austria (apoiado por Austria, Inglaterra e Holanda) e
Felipe de Borbón (futuro Felipe V de Borbón, apoiado por Francia), designado como herdeiro por Carlos II. O conflito rematou co triunfo da dinastía francesa dos Borbóns.