Historia de la informática

  • 1122 BCE

    Aparición del ábaco

    Aparición del ábaco
    O dispositivo de cálculo máis antigo que se coñece é o ábaco. O seu nome ven do grego abakos, que significa superficie plana. O uso do ábaco estendeuse por toda Europa ata a Idade Media, pero cando os árabes implantan
    o sistema de numeración decimal o uso do ábaco comezou a declinar.
  • Mecanismos e engranaxes

     Mecanismos e engranaxes
    O inventor e pintor Leonardo Da Vinci, foi quen trazou as ideas para unha calculadora mecánica. Século e medio despois, o filósofo e matemático francés dapenas 19 anos de idade chamado Blaise Pascal, inventou e construíu
    en 1.642 un mecanismo (a pascalina) a cal utilizaba para realizar operacións aritméticas.
  • Primeira tarxeta perforada

    Primeira tarxeta perforada
    O tear de tecido, inventado en 1801 polo Francés
    Joseph-Marie Jackard (1753-1834), usado aínda na
    actualidade, contrólase por medio de tarxetas
    perforadas. As tarxetas perfóranse estratexicamente e
    colócanse en secuencias para indicar un deseño de tecido
    en particular.
  • Maquina analítica de Babbage

    Maquina analítica de Babbage
    Para moitos especialistas a historia da informática empeza con Charles Babbage, matemático e inventor inglés que ó principio do século XIX, predixo moitas das teorías nas que se basean os actuais ordenadores.
    En 1.834 Babbage deseñou unha máquina á que chamou "máquina analítica". Esta máquina era totalmente mecánica, estaba formada por engrenaxes, pancas e outros tipos de mecanismos.
  • ENIAC

    ENIAC
    Primeira computadora dixital electrónica na historia. Non foi un modelo de produción, senón unha máquina experimental. Tampouco era programable no sentido actual.
    Tratábase dun enorme aparato que ocupaba todo un soto na universidade. Construída con 19.000 tubos de baleiro, consumía varios KW de potencia eléctrica e pesaba algunhas toneladas. Era capaz de efectuar cinco mil sumas por segundo
  • ENIAC

    ENIAC
    Primeira computadora dixital electrónica na historia. Non foi un modelo de produción, senón unha máquina experimental. Tampouco era programable no sentido actual.
    Tratábase dun enorme aparato que ocupaba todo un soto na universidade. Construída con 19.000 tubos de baleiro, consumía varios KW de potencia eléctrica e pesaba algunhas toneladas. Era capaz de efectuar cinco mil sumas por segundo.
  • Calculadores de relés

    Calculadores de relés
    En 1.944 construíuse na Universidade de Harvard a primeira calculadora universal, a cal empregaba relés e elementos mecánicos. Esta calculadora recibiu o nome de Mark I e era o soño de Babbage feito realidade: unha calculadora mecánica automatizada.
    O Mark I medía máis de 15 metros de lonxitude e 2,4 m de altura e contiña máis de 7.600 pezas conectadas por uns 800 Km de cable.
  • EDVAC

    EDVAC
    En 1945 Von Neumann suxeriu que o sistema binario fora adoptado en todos os ordenadores, e que as instrucións e datos foran compilados e almacenados internamente no
    ordenador, na secuencia correcta de utilización. Estas suxestións serviron de base filosófica para os proxectos de ordenadores.
  • UNIVAC

    UNIVAC
    O primeiro ordenador comercial de gran escala foi o UNIVAC, Universal Automatic Computer, americano, de 1951, que era programado activando cerca de 6.000
    chaves e conectando cables a un panel. A entrada e saída de información era realizada por unha cinta metálica de 1/2 polgada de ancho e 400 m de largo. En total, vendéronse 46 unidades do UNIVAC Modelo I.
  • Proceso de datos con tarxetas perforadas

    Proceso de datos con tarxetas perforadas
    No ano 1.957, xorde a idea de automatizar o censo da poboación, debido a que a última vez que se realizara (1.880), tardáronse uns sete anos para obter os resultados finais, xa que o proceso se realizara manualmente. O goberno dos Estados Unidos decide convocar un comité que se encargue da realización de dito proceso. Presentáronse tres propostas, adxudicándose o traballo a Herman Hollerith, o cal aplicou o principio das tarxetas
    perforadas para o almacenamento de datos que xa
    utilizara Babbage.
  • IBM 1401

    IBM 1401
    Estaba construído con transistores e utilizaba tarxetas
    perforadas. Demostrou ser unha computadora de propósito xeral e 12.000 unidades foron vendidas, facéndoa a máquina de máis éxito na historia da computación. Tiña unha memoria de núcleo magnético de 4.000 carácteres (despois estendeuse a 16.000 carácteres)
  • IBM 360

    IBM 360
    É unha das primeiras
    computadoras comerciais que usou circuítos
    integrados, podía realizar tanto análises numéricos como administración ou procesamento de arquivos. As computadoras traballaban a tal velocidade que permitían utilizar máis dun programa de forma simultánea
    (multiprogramación)
  • Iicios do internet

    Iicios do internet
    A rede de internet xurde dun proxecto militar, o proxecto ARPANET, desenvolto en 1969 en Estados Unidos.
    En 1983 establécese o protocolo TCP/IP e a parte militar de ARPANET forma unha rede independente. En este momento poderíase considerar o nacemento de INTERNET. Os ordenadores conectados eran 500.
  • Intel 4004

    Intel 4004
    O Intel 4004 foi o primeiro microprocesador,
    producido en 1971. Creouse orixinalmente para unha
    calculadora, e resultaba revolucionario para a súa época. Contiña 2.300 transistores nun microprocesador de 4 bits que solo podía realizar 60.000 operacións por segundo
    Hoxe en día só queda Intel e AMD no terreo dos microprocesadores.
  • Web

    Web
    En 1989 desaparece ARPANET, pero xa se establecera unha malla mundial de ordenadores que podían comunicarse entre sí, de forma que o número de máquinas conectadas superaba os 100.000. Nese mesmo ano, Tim Berners-Lee desenvolve un sistema de comunicación baseado no hipertexto e créanse o protocolo http e a linguaxe html. Este sistema sería o orixe da World Wide Web (a web www).
  • Web 2.0

    Web 2.0
    En 2004 xurde o concepto de web 2.0, para referirse a unha concepción da web orientada ós servizos, as redes sociais e a participación dos usuarios como creadores de contidos.
  • Ordenador cuántico

    Ordenador cuántico
    Estase a traballar na construción de ordenadores cuánticos. Isto representa un gran paso en relación ó actual proceso de fabricación de “chips” de silicio que, segundo os especialistas, debería alcanzar o máximo da súa limitación física de procesamento de datos nos vindeiros 10 ou 20 anos.