Liña temporal Historia

  • Period: 30,000 BCE to 3000 BCE

    Prehistoria

  • 5000 BCE

    Evolución

    Evolución
    O ser humano é a consecuencia dunha evolución física que produxo un individuo capaz de pensar.
    A lenta evolución física dos homínidos conduxo a un individuo (Austrolopiteco) cun cerebro máis desenvolvido que camiñaba en posición erguida, e dispuxo libremente das mans. Sabemos que empregaba obxectos naturais que atopaba para realizar algunhas tarefas
  • 3000 BCE

    Invención da escritura

    Invención da escritura
  • Period: 3000 BCE to 476

    Idade Antiga

    A Idade Antiga (3.000 a.C.-476 d.C.) comeza coa aparición das primeiras civilizacións, como a Mesopotamia, o Exipto e o Indo, caracterizadas pola escrita, agricultura e cidades organizadas. Destacan o Imperio Persa, a cultura grega (filosofía, democracia) e o Imperio Romano, que dominou o Mediterráneo e Europa. A difusión do cristianismo e a caída do Imperio Romano de Occidente no 476 d.C. marcarán a fin desta época e o inicio da Idade Media.
  • 1200 BCE

    Inicio da civilización grega

    Inicio da civilización grega
    A civilización grega antiga (s. XII a.C. - s. II a.C.) destacou poals súas polis (cidades-estado) como Atenas e Esparta. En Atenas, xordeu a democracia e floreceron a filosofia, as artes e as ciencias con figuras como Sócrates, Platón e Aristóteles. Após vencer as Guerras Médicas contra os persas, Grecia enfrentou a Guerra do Peloponeso entre Atenas e Esparta. No século IV a.C., Alexandre Magno expandiu a cultura grega polo Mediterráneo e o Oriente.
  • 753 BCE

    Fundación de Roma

    Fundación de Roma
    A Roma antiga (753 a.C. - 476 d.C.) comezou como unha monarquía, logo convertida en República (509 a.C.), expandíndose por toda Italia e o Mediterráneo. Durante este período, desenvolvéronse institucións políticas e militares claves, como o Senado. No 27 a.C., nace o Imperio Romano con Augusto, e vive a súa máxima expansión e prosperidade coa Pax Romana. Roma influíu na arte, a lingua e o dereito. En 476 d.C., o Imperio de Occidente caeu, marcando o fin da Antigüidade.
  • 476

    Caída do Imperio Romano de Occidente

    Caída do Imperio Romano de Occidente
    A caída do Imperio Romano de Occidente en 476 d.C. marca o fin da Antigüidade e o inicio da Idade Media. O imperio, debilitado por crises económicas, corrupción, invasións bárbaras e guerras internas, sufriu un colapso gradual. O feito culminante foi a morte do último emperador, Rómulo Augústulo, polo xefe xermánico Odoacro, que tomou o control de Roma. Con isto, o poder imperial en Occidente desapareceu, aínda que o Imperio Romano de Oriente (Bizancio) continuou por varios séculos.
  • Period: 476 to 1472

    Idade Media

    A Idade Media (476-1492) comeza coa caída de Roma e a fragmentación de Europa en reinos feudais. A Alta Idade Media viu o auxe do feudalismo e o Imperio Carolingio. Na Plena Idade Media consolídanse a Igrexa Católica e as Cruzadas. A Baixa Idade Media trouxo a Peste Negra, a Guerra dos Cen Anos, e o xordemento de cidades e comercio. Remata coa caída de Constantinopla (1453) e o descubrimento de América (1492).
  • 610

    Aparición do Islam

    Aparición do Islam
    O Islam apareceu a comezos do século VII na Península Arábiga, fundado polo profeta Mahoma (Muhammad). Segundo a tradición islámica, Mahoma recibiu revelacións do arcanxo Gabriel en 610 d.C., que logo foron recollidas no Corán, o libro sagrado do Islam. En 622 d.C., Mahoma fuxiu de La Meca a Medina (Hégira), evento que marca o inicio do calendario islámico. O Islam expandiuse rapidamente polo Oriente Próximo, África do Norte e a Península Ibérica, formando un dos maiores imperios da historia.
  • 962

    Aparece o Sacro Imperio Romano Xermánico

    Aparece o Sacro Imperio Romano Xermánico
    O Sacro Imperio formouse no 962 d.C. cando Oto I foi coroado emperador polo Papa, restaurando a idea dun imperio cristián en Europa occidental tras a caída de Roma. Abarcaba gran parte de Alemaña, Italia e outras rexións europeas. Durante a Idade Media, foi unha entidade política descentralizada composta por diversos reinos e ducados. O emperador tiña autoridade limitada fronte aos príncipes locais. O imperio perdurou ata 1806, cando Napoleón Bonaparte o disolveu.
  • 1096

    Comezo das Cruzadas

    Comezo das Cruzadas
    As Cruzadas foron unha serie de campañas militares entre os séculos XI e XIII, organizadas polos reinos cristiáns de Europa para recuperaren Terra Santa (especialmente Xerusalén) dos musulmáns. A primeira foi convocada por Urbano II (1095), e culminou coa captura de Xerusalén (1099). Houbo varias cruzadas posteriores, con éxitos e fracasos, pero a influencia dos europeos en Terra Santa foi efémera. Estas tamén tiveron impactos no comercio, a cultura e as relacións entre cristiáns e musulmáns.
  • 1337

    Inicio da Guerra dos Cen Anos

    Inicio da Guerra dos Cen Anos
    A Guerra dos Cen Anos (1337-1453) foi un conflito entre as coroas de Francia e Inglaterra, por disputas territoriais e sucesorias. Os ingleses reclamaban dereitos ao trono francés por lazos familiares. A guerra tivo 3 fases principais e incluíu batallas como Crécy e Agincourt, onde Inglaterra obtivo importantes vitorias. Francia, finalmente, expulsou aos ingleses, en parte grazas ao liderado de Xoana de Arco. O conflito debilitou ambos reinos, pero consolidou a identidade nacional francesa.
  • 1347

    Comeza a epidemia de Peste Negra

    Comeza a epidemia de Peste Negra
    A Peste Negra foi unha epidemia que afectou a Europa (1347 - 1351), provocada pola bacteria Yersinia pestis, transmitida a través de pulgas que habitaban en ratas. Provocou a morte de aprox. 1/3 da poboación europea. Os síntomas incluían pápulas, febre e dor extremo. A peste fixo colapsar os sistemas económico e social, desestabilizando o feudalismo e provocando escaseza de man de obra. Este evento tivo un impacto duradeiro na historia europea, influíndo na economía e nas estruturas sociais.
  • 1453

    Caída de Constantinopla

    Caída de Constantinopla
    Ocorreu o 29 de maio de 1453, marcando o fin do Imperio Bizantino e un virado na historia europea. A cidade foi sitiada polo sultán otomano Mehmed II, que utilizou avanzadas técnicas de guerra, incluíndo grandes canóns. A caída significou a expansión do Imperio Otomano e o control musulmán sobre a ruta comercial entre Europa e Asia. Este evento simbolizou, co descubrimento de América, o fin da Idade Media e deu paso a novas dinámicas culturais e políticas en Europa, contribuíndo ao Renacemento.
  • 1472

    Descubrimento de América

    Descubrimento de América
    Ocorreu o 12 de outubro de 1492, cando Cristóbal Colón chega á illa de Guanahaní, nas Bahamas, buscando unha ruta occidental cara ás Indias. Este evento marcou o inicio da exploración e colonización europea de América. Colón realizou 4 viaxes ao Novo Mundo, abrindo a porta a intercambios culturais, comerciais e á explotación e colonización das poboacións indíxenas. O descubrimento transformou a Historia global, levando a un impacto duradeiro nas sociedades de ambos os lados do Atlántico.
  • Period: 1492 to

    Idade Moderna

    A Idade Moderna (1492-1789) comeza co Descubrimento de América e marca unha era de exploración, expansión colonial e avances científicos. O Renacemento revitalizou as artes e as ciencias, mentres a Reforma Protestante dividiu á cristiandade. Xorderon monarquías absolutas e o absolutismo dominou Europa. A Ilustración trouxo ideas de razón e dereitos, preludio das revolucións como a Revolución Francesa (que pondría fin a este periodo) e a Guerra de Independencia dos EEUU.
  • 1517

    Reforma Protestante

    Reforma Protestante
    A Reforma Protestante foi um movemento relixioso que iniciou no s. XVI, impulsado por figuras como Lutero e Calvino. En 1517, Lutero publicou as 95 Teses, criticando a corrupción da Igrexa Católica e a venda de indulxencias. O movemento tentou reformar a Igrexa e restaurar a primacía das Escrituras na vida cristiá. Deu orixen a varias denominacións protestantes, como luteranos e calvinistas, e ten un impacto na política, na cultura e na sociedade europeas, desencadeando tamén guerras religiosas.
  • Inicio da Guerra dos 30 Anos

    Inicio da Guerra dos 30 Anos
    A Guerra dos Trinta Anos (1618-1648) foi un conflito devastador que afectou a Europa Central, especialmente o Sacro Imperio. Comezou como unha disputa relixiosa entre católicos e protestantes, pero transformouse nunha guerra política que involucrou ás potencias europeas. As principais fases incluíron a Revolta de Praga e as intervencións de países como Suecia, Francia e España. Rematou co Tratado de Westfalia, que estableceu novas fronteiras e principios de soberanía estatal.
  • Inicio da Revolución Industrial

    Inicio da Revolución Industrial
    Comezou en Gran Bretaña, transformou a economía agraria nunha industrial e urbana. Mecanizouse produción, destacando a invención da máquina de vapor e o uso do carbón como fonte de enerxía. Levou á creación de fábricas, o crecemento das cidades e cambios significativos nas condicións laborais. Cambiou a forma en que as persoas vivían e traballaban. As súas repercusións sentíronse en todo o mundo, marcando o inicio da Era Moderna, xunto coa Revolución Francesa.
  • Independencia EEUU

    Independencia EEUU
    Proclamada o 4 de xullo de 1776, cando as 13 Colonias declararon a súa separación do dominio británico. O conflito comezou en 1775 coas Guerras da Independencia, impulsado por tensións políticas e económicas. A declaración, redactada principalmente por Thomas Jefferson, afirmaba os principios de liberdade e igualdade. A guerra continuou ata 1783, cando o Tratado de París recoñeceu a independencia dos Estados Unidos, establecendo un novo modelo democrático.
  • Revolución Francesa

    Revolución Francesa
  • Period: to

    Idade Contemporánea

    A Idade Contemporánea comeza en 1789 coa Revolución Francesa e caracterízase por revolucións políticas e industriais, a expansión do capitalismo e o nacionalismo. O s. XX estivo marcado por dous Guerras Mundiais, o Holocausto, e a Guerra Fría entre EE.UU. e a URSS. Tras a caída do Muro de Berlín en 1989, o mundo entra nunha era de globalización e avances tecnolóxicos, enfrentando desafíos coma o cambio climático e as crises económicas.
  • Inicio da 1ª Guerra Mundial

    Inicio da 1ª Guerra Mundial
    A 1ª Guerra Mundial (1914-1918) foi un conflito global que envolveu as principais potencias mundiais, divididas en dous bloques: Aliados (Francia, RU e Rusia) e os Poderes Centrais (Alemaña, Austro-Hungría e Imperio Otomano). Foi provocada polo asasinato de Franz Ferdinand (1914). Caracterizouse por tácticas de trincheiras e as elevadas baixas. Rematou co Tratado de Versalles (1919), que impuxo severas sancións a Alemaña e reformulou as fronteiras europeas, bases para futuras tensións.
  • Revolución Rusa

    Revolución Rusa
    A Revolución Rusa de 1917 foi un conxunto de acontecementos que derrocou ao réxime zarista e levou ao poder aos bolcheviques. Iniciou coa Revolución de Febreiro, que forzou a abdicación do zar Nicolás II, e culminou na Revolución de Outubro, onde os bolcheviques, liderados por Lenin, tomaron o control. Este evento deu lugar ao establecemento dun goberno comunista en Rusia e sentou as bases para a creación da Unión Soviética.
  • Formación da URSS

    Formación da URSS
    A URSS formouse o 30 de decembro de 1922 tras a victoria bolchevique na Revolución Rusa de 1917 e a Guerra Civil. Uníronse Rusia, Ucrania, Bielorrusia e Transcaucasia baixo un goberno socialista centralizado. Lenin promoveu a idea dunha unión de repúblicas soviéticas como un proxecto internacionalista, buscando integrar diversas nacións baixo o comunismo. Este modelo expandíuse nas décadas siguintes, consolidando o poder do Partido Comunista.
  • Gran Depresión

    Gran Depresión
    A Gran Depresión de 1929 foi unha crise económica mundial que comezou co colapso da Bolsa de Nova Iork o 24 de outubro de 1929 (Xoves Negro). Causada pola especulación bursátil, sobreprodución e a debilidade do sistema financieiro, afectou gravemente ás economías de EEUU e Europa. Desencadeou quiebras masivas, desemprego, pobreza e fame. Durou ata finais dos anos 30, agravando tensións políticas e facilitando o ascenso dos movementos autoritarios en varios países.
  • Inicio da 2ª Guerra Mundial

    Inicio da 2ª Guerra Mundial
    A Segunda Guerra Mundial (1939-1945) foi un conflito global que involucrou a gran parte das potencias mundiais, divididas entre os Aliados (Reino Unido, EE. UU., URSS) e o Eixe (Alemaña, Xapón, Italia). Comezou coa invasión alemá de Polonia en 1939. O conflito devastou Europa, Asia e África, deixando millóns de mortos, incluíndo o Holocausto. Rematou coa derrota do Eixe en 1945 tras as bombas atómicas en Xapón. Redefiniu o equilibrio mundial, dando lugar á Guerra Fría.
  • Inicio da Guerra Fría

    Inicio da Guerra Fría
    A Guerra Fría (1947-1991) foi un enfrontamento político, económico e ideolóxico entre os bloques liderados por EE. UU. (capitalista) e a URSS (comunista). Desenvolveuse a través de conflitos indirectos, como en Corea, Vietnam e Afganistán, e nunha intensa carreira armamentística e espacial. A caída do Muro de Berlín en 1989 e a disolución da URSS en 1991 marcaron o final deste período, consolidando o dominio occidental no sistema internacional.
  • Creación da WWW (World Wide Web)

    Creación da WWW (World Wide Web)
    A World Wide Web (WWW) foi creada en 1989 por Tim Berners-Lee, un científico británico que traballaba no CERN. A súa idea era facilitar o intercambio de información entre investigadores a través de hipervínculos e documentos accesibles dende calquera parte. En 1991, a Web foi posta en liña para o público, revolucionando a comunicación global. A creación de navegadores web e o uso de HTML permitiron a expansión rápida de internet, transformando a sociedade, a economía e a cultura mundial.
  • Caída do Muro de Berlín

    Caída do Muro de Berlín
    A caída do Muro de Berlín ocorreu o 9 de novembro de 1989, simbolizando a fin da división de Alemaña e da Guerra Fría. O muro, erguido en 1961, separaba Berlín Oriental (baixo control soviético) de Berlín Occidental (aliado a Occidente). A crecente presión social e política, e as reformas na URSS de Gorbachov (perestroika e glasnost), facilitaron a apertura das fronteiras. Miles de persoas cruzaron o muro, iniciando o proceso de reunificación alemá en 1990.
  • Caída da URSS

    Caída da URSS
    A caída da URSS ocorreu o 26 de decembro de 1991 tras 69 anos de existencia. A desintegración foi resultado de problemas económicos, a guerra de Afganistán, e as reformas de Mijaíl Gorbachov (perestroika e glasnost), que debilitaron o control do Partido Comunista. As repúblicas soviéticas comezaron a declarar a súa independencia, e o 25 de decembro, Gorbachov dimitiu como presidente. Este colapso puxo fin á Guerra Fría e deu lugar a 15 novos estados independentes.
  • Inicio da Guerra de Iraq

    Inicio da Guerra de Iraq
    A Guerra de Iraq comezou o 20 de marzo de 2003 cando unha coalición liderada por EE.UU. invadiu Iraq, co obxectivo de derrocar a Saddam Hussein, acusado de posuír armas de destrución masiva e de apoiar o terrorismo. A invasión foi rápida e Hussein foi capturado e executado en 2006, pero nunca se atoparon esas armas. O conflito desestabilizou o país, provocando anos de violencia e a aparición de grupos como o ISIS. A guerra, oficialmente, rematou en 2011 coa retirada das tropas estadounidenses.
  • Crise financieira

    Crise financieira
    A crise financeira de 2008 foi unha das peores desde a Gran Depresión. Comezou nos EE.UU. polo estalido da burbulla inmobiliaria e a excesiva concesión de préstamos hipotecarios de alto risco. Provocou o colapso de grandes bancos, como Lehman Brothers, e a perda de confianza no sistema financeiro global. A crise estendeuse mundialmente, xerando recesión, maior desemprego e rescates financeiros masivos por parte dos gobernos. A recuperación foi lenta e afectou duramente á economía global.
  • Guerra de Siria

    Guerra de Siria
    A guerra civil en Siria comezou en marzo de 2011 como parte da Primavera Árabe, con protestas contra o réxime de Bashar al-Asad. A represión violenta das manifestacións deu lugar a un conflito armado entre o goberno e grupos opositores, incluindo militantes islamistas. Involucrou actores internacionais, como Rusia e Irán, que apoiaron a Asad, e os Estados Unidos e Turquía, que apoiaron á oposición. Causou unha crise humanitaria masiva e continua afectando á estabilidade da rexión.
  • Pandemia da COVID-19

    Pandemia da COVID-19
    Causada polo virus SARS-CoV-2, foi declarada pola OMS en marzo de 2020. Detectouse inicialmente en Wuhan, China, e propagouse a nivel global, causando severas restricións de movemento, peches de fronteiras e confinamentos. Os sistemas de saúde sometéronse a unha presión extrema. A pandemia provocou unha crise económica, social e psicolóxica, ademais de millóns de mortes. O desenvolvemento rápido de vacinas foi un avance notable, pero as variantes do virus complicou a resposta sanitaria.