Maxresdefault

Galicia da Restauración á Guerra Civil

  • O movemento obreiro

    O movemento obreiro
    O movemento obreiro foi o resultado dunha conxunción de forzas distintas que se relacionaban de distintos modos entre si, como é o caso do republicanismo, que se aliou dunha forma clara co movemento obreiro creando unha identidade política común dende os anos de oposición á Monarquía.
  • Period: to

    Os movementos políticos e sociais en Galicia

  • O rexionalismo

    O rexionalismo
    O Rexionalismo non foi un movemento unitario, senón que uniu a tres correntes de pensamento diferenciadas que tiñan en común a crítica das eivas do sistema político da Restauración, especialmente o centralismo, o caciquismo e a orientación económica de Galicia, dependente, atrasada e que forzaba á emigración a un grande número de galegos.
  • Os sindicalismos

    Os sindicalismos
    O predominio do sindicalismo sobre os partidos políticos obreiros é evidente no conxunto do Estado. Este desequilibrio reflicte o distanciamento entre poder político e sociedade civil. O PSOE era o único partido “moderno” que funcionaba realmente neste período, sendo imposible que acadase cotas de poder no marco do período de quendas. Mesmo na II República, non existiu outra alternativa para que o movemento obreiro se puidese sentir representado no eido político.
  • O agrarismo

    O agrarismo
    O agrarismo é un complexo movemento que tenta mobilizar un grupo social, como era o campesiñado que ata aquela non atopara unha expresión propia dos seus intereses, con vistas á consecución da obtención das condicións que fagan factible a sobrevivencia da pequena explotación familiar no marco dunha economía capitalista cada vez máis invasiva, e a articulación política dos intereses do campesiñado parcelario galego en igualdade con outros grupos sociais.
  • Nacen as Irmandades da Fala

    Nacen as Irmandades da Fala
    As Irmandades da Fala son o xermolo do nacionalismo político en Galicia. O PG terá un programa político moi semellante, sendo un acordo de compromiso no que coubesen as diferentes correntes ideolóxicas que o conformaban.
    Grazas ás Irmandades a cultura e a lingua galega volverán a ter o lugar que lle corresponde tras a súa perda dde prestixio.
  • Nace o republicanismo

    Nace o republicanismo
    O republicanismo e o movemento obreiro defenderon o laicismo como único xeito de entender o Estado, o que significaba un anclericalismo, entendido como unha oposición ao poder da Igrexa e dos grupos sociais tradicionalmente hexemónicos de Galicia. Laicismo era igual a República, progreso, racionalismo e sentimento ilustrado.