-
Institucionalmente, apróbase a Lei de Responsabilidades Políticas (1939) e a Lei de Represión do Comunismo e a Masonería (1940) dando así inicio á cruda represión destes anos. -
-
A represión franquista caeu sobre gran parte da poboación española, que se sentía identificada coa causa republicana ou que simplemente era considerado opositor ao réxime.
A represión podía ser xudicial, levada a cabo dende os consellos de guerra ou extraxudicial, a través de asasinatos, a persecución política, encarcelamento arbitrario, torturas, paseos,censura, suspensión do traballo, -
Durante esta etapa destaca a creación do Goberno Republicano no exilio, tendo a súa sede en Mexico.
Tamén se organizaron os partidos políticos para buscar a "reconciliación nacional".
Moi importante foi a oposición monárquica, liderada por Juan Borbón (Manifesto de Lausana) e que conseguirá a aprobación da Lei de Sucesión da Xefatura do Estado (1947) -
Nos primeiros anos de ditadura, a guerrilla foi o principal exponente da loita antifranquista no interior do país.
Os maquis ou guerrilleiros foron persoas que escaparon ao monte co obxectivo de tratar de vencer as tropas franquistas, pero que tras o avance do bando sublevado, fican no monte fuxindo da dura represión
Destacan as zonas do Val de Arán, os Pirineos e o Sistema Ibérico. Preto da nosa zona, en Valdeorras a "Ciudad de la Selva"
O maqui máis coñecido da comarca é Mario de Langullo -
-
-
Os estudantes universitarios debido á apertura económica e o contacto co exterior, tiveron contactos con ideas progresistas e democráticas.
Buscan alternativas ao SEU.
Realizan Asembleas de Estudantes e Manifestacións Estudantís.
Algúns profesores universitarios como Tierno Galván son partícipes e perden a súa cátedra. -
-
A pesar de que os 60 é a década do "milagre económico español", non afectou por igual a todos os sectores.
Dende os sectores da minaría, siderurxia e construción comezan a demandar unha mellora das condicións de traballo e dos salarios.
As folgas máis importantes deste momento son:
-A folga de mineiros de Asturias (1962).
-As folgas do País Vasco e Cataluña. Destacan no sector da siderurxia e no textil.
-Folgas en Madrid e Barcelona do 1966. -
Debido a que España non era admitida na CEE por ser unha ditadura, no IV Concreso do Movemento Federal Europeo, celebrado en Munic, a oposición moderada reúnese para debater o papel de España en Europa.
Buscan a creación de institucións representativas e democráticas; a liberdade sindical; e o respecto ás liberdades básicas.
As figuras destacadas foron Gil Robles e Salvador de Madariaga.
Dende o Réxime, foi censurado e a través dos medios de comunicación deuse unha imaxe de ultraxe ao goberno -
Dende algúns sectores progresistas da Igrexa, búscase a democracia e a reconciliación nacional. Isto veu dado pola importancia do Concilio Vaticano II e a Lei de Liberdade Relixiosa.
Nace Unión Democrática Cristiá e os Cadernos para o Diálogo de Ruíz Giménez.
Vicente Enrique y Taracón será unha figura cun papel conciliador. -
Debido ás folgas obreiras que se estaban dando, surxen sindicatos independentes na clandestinidadade que xogaron un papel crucial na organización das folgas posteriores.
O máis destacado foi CCOO (Comisións Obreiras), liderada por Marcelino Camacho, que buscaba a representación verdadeira dos intereses dos traballadores. Surxiu a modo dunha necesidade de organización.
Na actualidade, é un dos sindicatos con máis afiliados de España. -
No independentismo vasco, surxe unha escisión radicalizada.
Comeza sendo un círculo político a rematar optando polo terrorismo como medio de actuación.
O primeiro asasinato da banda terrorista dentro do réxime é o de Melitón Manzanas. -
En 1969, saíu á luz que Matesa recibira máis de 10.000 millóns de pesetas en créditos, moitos dos cales foron utilizados de maneira fraudulenta.
Falta de Exportacións Reais: Matesa declaraba exportacións que non existían para xustificar os créditos recibidos. Parte do diñeiro foi desviado ou utilizado para outros fins.
Foi un conflito que demostrou as divisións internas entre os aperturistas e o búnker, polo que a oposición dentro do Réxime comeza a nacer. -
O Comunismo toma unha nova tendencia a aunarse no contexto europeo. Santiago Carrillo pasa a ser o secretario xeral do partido.
A oposición comunista colle forza. -
Debido ao asasinato de Melitón Manzanas, o goberno busca tomar represarias. Faise un xuízo en Burgos onde se acusan a 16 membros de ETA, acusados de diversos delitos. A sentencia foi 6 penasde morte e longas condenas de prisión para o resto de acusados.
Isto causou un enorme impacto internacional, polo que as penas de morte se tiveron que conmutar.
A imaxe do Réxime quedou moi danada e a oposición comezou a fortalecerse -
ETA realiza un dos seus primeiros atentados fóra do País Vasco, colocando unha bomba debaixo do coche do recén nomeado presidente do goberno, Luis Carrero Blanco. -
-
Nomeamento de Felipe González como secretario xeral do PSOE -
Os partidos democráticos do exilio agrupáranse en dous:
- Xunta Democrática de España, liderada polo PCE.
- Plataforma de Converxencia Democrática, liderada polo PSOE e partidos democristiáns.
Para crear unha oposición ao franquismo máis forte, únense e forman a Plataxunta. -
A Marcha Verde foi un evento significativo na historia de Marrocos e o Sáhara Occidental.
O Sáhara Occidental era unha colonia española dende finais do século XIX.Marrocos, baixo o reinado de Hasán II, reivindicaba a soberanía sobre o Sáhara Occidental, alegando vínculos históricos e culturais coa rexión.En outubro, o rei Hasán II de Marrocos convocou unha mobilización masiva de civís para marchar cara ao Sáhara Occidental e reclamarlle territorio a España. -
Se hai algo que fulminou a ditadura franquista, foi o falecemento do ditador, Francisco Franco, que xa levaba meses en estado moi crítico.
Estábase alongando a súa vida porque sabíase que co seu falecemento remataría a ditadura.