Liña do tempo (somos a revolución)

  • Críse do Antigo Réxime

    Críse do Antigo Réxime
    Foi unha crise xeneralizada e secular, comezou no 1751 e prolongouse ata a época das revolucións, nese mesmo instante foi cando o antigo réxime pasou a ser unha época diferente.
  • Revolución industrial

    Revolución industrial
    A Revolución Industrial ou Primeira Revolución Industrial é o proceso de transformación económica, social e tecnolóxica que se iniciou na segunda metade do século XVIII. Durante este período viviuse o maior conxunto de transformacións económicas, tecnolóxicas e sociais da historia da humanidade desde o Neolítico.
  • Revolución Francesa

    Revolución Francesa
    A Revolución francesa foi un conflito social e político, con diversos períodos de violencia, que convulsionó Francia e, por extensión das súas implicacións, a outras nacións de Europa que enfrontaban a partidarios e opositores do sistema coñecido como o Antigo Réxime. Iniciouse coa autoproclamación do Terceiro Estado como Asemblea Nacional en 1789 e finalizou co golpe de estado de Napoleón Bonaparte en 1799.
  • As Revolucións Burguesas

    As Revolucións Burguesas
    O seu principal exemplo foi a Revolución francesa, seguido en distintos momentos polos demais países europeos ou americanos, a Independencia de Estados Unidos ata a Primeira Guerra Mundial, que acaba definitivamente cos últimos recordos do Antigo Réxime; notablemente en Rusia coa Revolución de febreiro de 1917, que só precede en poucos meses á Revolución de Outubro, que se clasifica xa como revolución socialista e proletaria.
  • Nacionalismo

    Nacionalismo
    O nacionalismo é unha ideoloxía e movemento sociopolítico que xurdiu xunto co concepto moderno de nación, propio da Idade Contemporánea, nas circunstancias históricas da chamada Era das Revolucións (Revolución industrial, Revolución burguesa, Revolución liberal) e os movementos de independencia das colonias europeas en América, desde finais do século XVIII.Tamén pode designar ao sentimento nacionalista e á época do nacionalismo.
  • Movemento obrero

    Movemento obrero
    O movemento obreiro é un movemento social (é a agrupación non formal de individuos ou organizacións dedicadas a cuestións socio-políticas que teñen como finalidade o cambio social) que busca un maior benestar para os traballadores, está moi relacionado co movemento sindical. A partir da Revolución Industrial xerouse unha nova orde social.