Historia da informática

  • 3500 BCE

    Ábaco

    Ábaco
    O dispositivo de cálculo máis antigo que se coñece é o ábaco. O seu
    nome ven do grego abakos, que significa superficie plana.
    Co transcorrer do tempo inventouse o ábaco portátil o cal consistía
    nunhas boliñas ensartadas nun cordón que a su vez se fixaban nun soporte
    de madeira.
    Grazas ó descubrimento do ábaco puideron funcionar con certa axilidade os
    negocios.
    O uso do ábaco estendeuse por toda Europa, pero cando os árabes implantan
    a numeración decimal o uso do ábaco comezou a declinar.
  • A pascalina de Blaise Pascal

    A pascalina de Blaise Pascal
    O filósofo e matemático
    francés dapenas 19 anos de idade chamado Blaise Pascal, inventou e construíu
    en 1.642 un mecanismo (a pascalina) a cal utilizaba para realizar operacións
    aritméticas. Foi o bastante
    segura como para ser lanzada ó mercado.
    No seu
    interior, dispúñanse unhas rodas dentadas conectadas entre si, formando unha cadea de transmisión.
    As rodas representaban o
    sistema decimal de numeración. Cada
    roda constaba de dez pasos.
  • Mecanismo de Wilheim Leibnitz

    Mecanismo de Wilheim Leibnitz
    Wilheim Leibnitz, deu un gran paso cara o
    perfeccionamento das máquinas calculadoras. Leibnitz creou unha máquina que podía sumar, restar,
    multiplicar e dividir, utilizando os principios esbozados por Pascal de realizar a multiplicación e
    división mediante a adición e a subtracción
    repetida. Os elementos claves na máquina de
    Leibnitz foron os cilindros escalonados, pero
    non tivo ningún éxito comercial polos mesmos
    motivos que as súas predecesoras.
  • A primeira tarxeta perforada

     A primeira tarxeta perforada
    O tear de tecido, inventado en 1801 polo Francés
    Joseph-Marie Jackard (1753-1834), usado aínda na
    actualidade, contrólase por medio de tarxetas
    perforadas. As tarxetas perfóranse estratexicamente e
    colócanse en secuencias para indicar un deseño de tecido
    en particular.
  • Máquina analítica de Babbage

    Máquina analítica de Babbage
    En 1.834 Babbage deseñou unha máquina á que chamou "máquina
    analítica". Esta máquina era totalmente mecánica, estaba formada por
    engrenaxes, pancas e outros tipos de mecanismos. Deseñouse para realizar
    calquera tipo de operación aritmética e enlazar varias destas operacións
    entre si, co obxectivo de resolver calquera problema aritmético. A máquina de Babbage tiña un
    mecanismo de entrada e saída por tarxetas perforadas, unha memoria,
    unha unidade de control e unha unidade aritmético−lóxica.
  • A primeira programadora

    A primeira programadora
    En 1.843 Lady Ada Augusta Lovelace suxeriu a idea de que as tarxetas
    perforadas se puideran adaptar de xeito que permitiran que a calculadora de
    Babbage repetira certas operacións. Polo que algunhas persoas consideran a
    Lady Ada Augusta Lovelace como a primeira programadora. Na súa
    memoria púxose en 1.979 o nome de ADA a unha linguaxe de computació
  • ENIAC

    ENIAC
    Primeira computadora dixital electrónica na historia. Non foi unha máquina experimental. Non era programable no sentido actual.
    Tratábase dun enorme aparato que ocupaba todo un soto na universidade. Construída con
    19.000 tubos de baleiro, consumía varios KW de potencia eléctrica e pesaba algunhas
    toneladas. Era capaz de efectuar cinco mil sumas por segundo. Foi feita por un equipo de
    enxeñeiros e científicos encabezados por John W. Mauchly e J. Presper Eckert na
    universidade de Pensilvania.
  • Intelixencia artificial estreita (ANI)

    Intelixencia artificial estreita (ANI)
    A categoría máis básica de IA é máis coñecida polas súas siglas en inglés: ANI, por Artificial Narrow Intelligence. Chámase así porque se enfoca nunha soa tarefa, realizando un traballo repetitivo dentro dun rango predefinido polos seus creadores. Os sistemas de ANI xeralmente adéstranse utilizando un gran conxunto de datos e poden tomar decisións ou realizar accións baseadas nese adestramento. Unha ANI pode superar á intelixencia e eficiencia humana pero só nesa área específica na que opera.
  • Mark1

    Mark1
    En 1.944 construíuse na Universidade de Harvard a primeira calculadora universal, a cal
    empregaba relés e elementos mecánicos. Esta calculadora recibiu o nome de Mark I e era o soño de
    Babbage feito realidade: unha calculadora mecánica automatizada.
    O Mark I medía máis de 15 metros de lonxitude e 2,4 m de altura e contiña máis de 7.600 pezas
    conectadas por uns 800 Km de cable. Este ordenador era máis rápido do que Babbage pensaba; tardaba
    tres décimas de segundo en restar ou sumar 23 díxitos.
  • Period: to

    PRIMEIRA XENERACION DE ORDENADORES

    Estaban construídos con electrónica de válvulas (tubos de baleiro).
    Programábanse en linguaxe de máquina.
    Usábanse tarxetas perforadas para entrada e saída de datos.
    Almacenamento de datos en cintas magnéticas.
  • Transitor

    Transitor
    O descubrimento do transistor trae como consecuencia a diminución dos costos dos
    ordenadores, a diminución de tamaño e rapidez. Por iso, as computadoras da segunda xeración son
    máis pequenas e consumen menos electricidade que as anteriores. A forma de comunicación con estas
    novas computadoras é mediante linguaxes máis avanzadas que a linguaxe de máquina, e que reciben o
    nome de "linguaxes de alto nivel" ou linguaxes de programación.
  • EDVAC

    EDVAC
    En 1945 Von Neumann suxeriu que o sistema binario fora adoptado en todos
    os ordenadores, e que as instrucións e datos foran compilados e almacenados internamente. Estas suxestións serviron de base filosófica
    para os proxectos de ordenadores. A partir de esas ideas, e da
    lóxica matemática, a álxebra de Boole, Mauchly e Eckert construíron o
    EDVAC,
    Electronic
    Discrete
    Variable
    Automatic Computer, completado en 1951,
    foi a primeira máquina comercial
    electrónica de procesamento de datos do
    mundo.
  • UNIVAC

    UNIVAC
    O primeiro ordenador comercial de gran escala foi o UNIVAC, Universal
    Automatic Computer, americano, de 1951, que era programado activando cerca de 6.000
    chaves e conectando cables a un panel. A entrada e saída de información era realizada por unha
    cinta metálica de 1/2 polgada de ancho e 400 m de largo. En total, vendéronse 46 unidades do
    UNIVAC Modelo I, que eran normalmente acompañados dun dispositivo impresor chamado
    UNIPRINTER, que consumía 14.000 W.
  • Proceso de datos con tarxetas perforadas: Hollerith

    Proceso de datos con tarxetas perforadas: Hollerith
    No ano 1.957, xorde a idea de automatizar o censo da poboación, e o goberno dos Estados Unidos decide convocar un comité que se encargue da
    realización deste proceso. Se lle deu o traballo a Herman Hollerith, aplicou o principio das tarxetas
    perforadas para o almacenamento de datos de Babbage. Por iso permitiu completar o
    censo en tres anos. A compañía de tabulación de
    maquinas que Hollerith fundou en 1.896, fusionouse
    con outras compañías e formou en 1.924 a
    INTERNATIONAL BUSINESS MACHINES(IBM)
  • circuitos integrados

    circuitos integrados
    As
    computadoras
    da
    terceira
    xeración
    emerxeron
    co
    desenvolvemento dos circuítos integrados (pastillas de silicio descubertos
    en 1958 por Jack Kilby) nas cales se colocan miles de compoñentes
    electrónicos, nunha integración en miniatura. As computadoras novamente
    fixéronse máis pequenas, máis rápidas, desprendían menos calor e eran
    máis eficientes enerxeticamente.
  • Period: to

    SEGUNDA XERACIÓN DE ORDENADORES

    Estaban construídas con transistores
    Maior memoria de cálculo
    Os datos almacenábanse en pequenos aneis magnéticos
    Diminución de tamaño
    Programábanse con linguaxes de alto nivel: FORTRAN E COBOL destinadas ó mundo dos
    negocios.
  • IBM 1401

    IBM 1401
    Estaba construído con transistores e utilizaba tarxetas
    perforadas. Demostrou ser unha computadora de propósito xeral e 12.000 unidades foron vendidas,
    facéndoa a máquina de máis éxito na historia da computación. Tiña unha memoria de núcleo
    magnético de 4.000 carácteres (despois estendeuse a 16.000 carácteres).
  • Big data

    Big data
    O concepto "big data" é relativamente novo, pero as orixes dos grandes conxuntos de datos remóntanse ás décadas de 1960 e 1970, cando o mundo dos datos acababa de empezar cos primeiros centros de datos e o desenvolvemento das bases de datos relacionales. Ao redor de 2005, a xente empezou a darse conta da cantidade de datos que xeraban os usuarios a través de Facebook, Youtube e outros servizos en liña. Hadoop desenvolveuse o mesmo ano.
  • IBM 360

    IBM 360
    A IBM 360 en 1964 é unha das primeiras
    computadoras comerciais que usou circuítos integrados,
    numéricos
    podía
    como
    realizar
    tanto
    análises
    administración
    ou
    procesamento de arquivos. As computadoras
    traballaban a tal velocidade que permitían
    utilizar máis dun programa de forma simultánea
    (multiprogramación).
  • Period: to

    TERCEIRA XERACIÓN DE ORDENADORES

    Emprego de circuítos integrados.
    Diminución considerable de tamaño e aumento da velocidade de execución.
    Desenvolvemento dos sistemas operativos.
    Desenvolvemento das comunicacións, interconexión de ordenadores en rede.
    Gran desenvolvemento das linguaxes de programación como Cobol e Fortran e de Software en
    xeral.
    Facilidade de emprego.
    Emprego dos ordenadores en Universidades, Laboratorios e Empresas.
  • ARPANET

    ARPANET
    A rede de internet xurde dun proxecto militar, o proxecto ARPANET,
    desenvolto en 1969 en Estados Unidos. Nos anos posteriores comezan a unirse á rede
    algunhas empresas e institucións educativas, chegando a ser máis de 200 en 1981.
  • Intel 4004

    Intel 4004
    producido en 1971. Creouse orixinalmente para unha
    calculadora, e resultaba revolucionario para a súa
    época.
    Contiña
    2.300
    transistores
    nun
    microprocesador de 4 bits que solo podía realizar
    60.000 operacións por segundo.
  • Period: to

    CUARTA XERACIÓN

    O costo dos equipos de computación baixou considerablemente desde 1.975. Ó ir baixando o
    costo do material de fabricación, o único costo que segue subindo é o do software.
    Mellora da velocidade do proceso.
  • PC

    PC
    O tamaño reducido do microprocesador e dos “chips” fixo
    posible a creación das computadoras persoais por parte de
    IBM en 1981
  • Period: to

    QUINTA XERACIÓN-SEXTA XERACIÓN

    A miniaturización do ordenador, ademais do mellor desempeño e maior
    capacidade de almacenamento.
    A tecnoloxía VLSI está sendo substituída por a ULSI.
    O concepto de procesamento está indo cara os procesadores paralelos, ou sexa, a execución de
    moitas operacións simultaneamente polas máquinas.
    A redución dos costos de produción e do volume dos compoñentes permitiu a aplicación
    destes ordenadores nos chamados sistemas embutidos, que controlan aeronaves, embarcacións,
    automóbiles, etc.
  • INTERNET

    INTERNET
    En 1983 establécese o protocolo TCP/IP e a parte militar de ARPANET forma unha rede
    independente. En este momento poderíase considerar o nacemento de INTERNET. Os ordenadores
    conectados eran 500.
  • World Wide Web

    World Wide Web
    En 1989 desaparece ARPANET, pero xa se establecera unha malla mundial de ordenadores que
    podían comunicarse entre sí, de forma que o número de máquinas conectadas superaba os 100.000.
    Nese mesmo ano, Tim Berners-Lee desenvolve un sistema de comunicación baseado no hipertexto e
    créanse o protocolo http e a linguaxe html. Este sistema sería o orixe da World Wide Web
    (a web www).
  • Código QR

    Código QR
    O código QR, tamén coñecido como Bidi, é o código
    bidimensional máis coñecido e de uso máis común a nivel
    mundial, xa que a linguaxe co que se constrúe é
    aberto. Fué creado en 1994 pola empresa xaponesa
    Denso-Wave, subsidiaria de Toyota.
    As siglas “QR” derivan do inglés “Quick Response”.
    Pero non foi ata o ano 2002 cando se produciu a auténtica
    revolución. O que facilitou esta tendencia, foi a comercialización de teléfonos
    móbiles cunha función da lectura do código QR
    e acceso a Internet.
  • 1ºSmartphone

    1ºSmartphone
    Para moitos o primeiro smartphone (de novo, sen ese nome) da historia foi o IBM Simon Persoal Comunicator, cuxo prototipo apareceu en 1992 e cuxa venda comezou en 1994. Aquel teléfono celular con características de PDA contaba cunha pantalla monocroma de 160x293 píxeles, e era posible debuxar nela co stylus incluído. O seu éxito foi moi limitado, e en febreiro de 1995 deixaría de poñerse á venda.
  • O internet das cousas ( IoT)

    O internet das cousas ( IoT)
    O Internet das cousas (IoT) é o proceso que permite conectar os elementos físicos cotiáns ao Internet: desde os obxectos domésticos comúns, como as lámpadas de luz, ata os recursos para a atención da saúde, como os dispositivos médicos; as pezas e os accesorios persoais intelixentes; e mesmo os sistemas das cidades intelixentes. Os dispositivos que se atopan dentro deses obxectos físicos adoitan pertencer a unha destas dúas categorías: son interruptores ou son sensores.
  • Pen drive

    Pen drive
    Habería que remontarse ao ano 2000, cando unha empresa de Singapura, Trek, impulsou nunha feira comercial alemá un chip de memoria, revestido de plástico e conectado a un conector Universal Serial Bus (USB). Era de 8 megabytes e non precisaba de fonte de alimentación externa, pois a tomaba directamente do computador ao que se conectase.
  • Intel core i7

    Intel core i7
    Core i7 é unha nomenclatura que designa procesadores de gama alta da marca Intel: Intel Core i7 baseados na microarquitectura Nehalem. É a primeira xeración desta familia de procesadores, lanzada a finais de 2009.
  • Intel core i5

    Intel core i5
    O 8 de setembro de 2009, Intel lanzou o primeiro procesador Core i5: O Core i5 750, que é un procesador de 2,66 Ghz Lynnfield cuádruplo núcleo con tecnoloxía Hyper-Threading desactivada.
  • Intel core i3

    Intel core i3
    O 7 de xaneiro de 2010, Intel lanzou o primeiro procesador Core i3:​ son procesadores de dobre núcleo con procesador gráfico integrado, a GPU, denominada Intel HD Graphics que funciona a 733 MHz. Este primeiro modelo posuía 4 MiB de caché de nivel 2, e un controlador de memoria para DDR3.
  • Intel core i9

    Intel core i9
    Foron introducidos en maio de 2017. Co seu gran número de núcleos, alto consumo de enerxía, alta saída térmica, alto rendemento e un conector de escritorio único, LGA 2066, están destinados a ser utilizados polos entusiastas.
  • Intelixencia artificial xeral (AGI)

    Intelixencia artificial xeral (AGI)
    A intelixencia artificial xeral (AGI) é un campo de investigación teórica da IA que tenta crear software con intelixencia similar á humana e coa capacidade de autoaprendizaje. O obxectivo é que o software poida realizar tarefas para as que non está necesariamente adestrado ou desenvolvido.
  • O ordenador cuántico

    O ordenador cuántico
    Estase a traballar na construción de ordenadores cuánticos. Representa un gran paso en
    relación ó actual proceso de fabricación de “chips” de silicio que, debería
    alcanzar o máximo da súa limitación física de procesamento de datos dentro duns 10 ou 20 anos.
    Nos ordenadores tradicionais, todo funciona en base ós “bits”, fragmentos de información que
    só teñen dous estados: aceso ou apagado. Nos ordenadores cuánticos, os bits son estados cuánticos da materia que poden ser ceros e uns a vez.
  • Súper Intelixencia Artificial (ASI)

    Súper Intelixencia Artificial (ASI)
    A preocupación destes científicos informáticos ten que ver cunha teoría moi establecida que sostén que, cando alcancemos a AGI, pouco tempo despois arribarase ao último estadio no desarollo desta tecnoloxía: a Artificial Superintelligence, que ocorre cando a intelixencia sintética supera á humana. O filósofo da Universidade de Oxford e experto en IA Nick Bostrom define á súper intelixencia como "un intelecto que é moito máis intelixente que os mellores cerebros humanos en todos os campos.